O 9 de novembro celébrase o Día Internacional do Inventor. Aínda que a denominación refírese só aos homes, nós reivindicamos que se chame...
Día Internacional da Inventora e do Inventor!
De feito, aínda que non se inclúe ás mulleres na denominación deste día, púxose esta data de celebración en honor a unha muller: Hedy Lamarr. Esta actriz, enxeñeira e inventora austriaca inventou o espectro ensanchado, tecnoloxía precursora da wifi.
O Día do Inventor creouse para rendir tributo a todos os inventores do mundo, pero principalmente a Hedy Lamarr, quen pasarou á historia no anonimato, debido a que cedeu a patente do seu invento ao exercito dos Estados Unidos durante a segunda guerra mundial.
Na materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º ESO, escollemos unha inventora, buscamos información sobre ela e deseñamos un cartel para dar a coñecer moitas inventoras descoñecidas por nós.
Se pinchas na imaxe anterior podes ver o resultado desta actividade.
Durante ese día realizamos un concurso, onde había que responder preguntas sobre dita exposición.
QUEN GAÑOU O CONCURSO?
MARIÑA (1º ESO A), ÁLEX (5º EP) e PAULA (1º ESO A)