Skip to Content

Novas do centro

Graduación 4º da ESO

Un dos días máis fermosos e emotivos do ano é o acto de graduación que organiza o alumnado de 4º da ESO dende os últimos anos.

Despedímolos desexándolle moita sorte na nova etapa que comezan e por suposto, agardamos velos nesas xornadas de portas abertas nas que sempre veñen a contarnos os seus logros e o moito que nos botan de menos!

MOITA SORTE PARA TOD@S!!!

Deporte Escolar

O alumnado de 5º de EP xogou ao baloncesto, balonman, fútbol e hockey co alumnado do colexio San Fermín de Caldas nunha xornada de deporte escolar. 

Letras Galegas 2023

Este é un pequeno resumo dalgunhas das actividades que levamos a cabo polas Letras Galegas deste ano.

Festival fin de curso

Non puideches asistir ao festival de fin de curso? Non te preocupes!! Xa podes velo e desfrutar das diferentes actuacións!!!

A algún fragmento tivemos que sacarlle o son polas licencias pero podes escoitar a gran maioría!!!

As clases de Ed. Infantil

Recomendacións lectoras de verán

Achegámosvos as recomendacións lectoras para este verán!

Entrevista a Rosa

Nesta ocasión, o alumnado de 4º de EP entrevistou a Rosa Isorna Portugués, xefa de cociña do noso centro.

Creando os nosos animaliños!

O alumnado de TIC de 4º ESO, utilizando diferentes ferramentas dun programa de deseño gráfico, LibreOfficeDraw, creou o seu propio animaliño...

Con todos eles fixemos chapas para o alumnado de educación Infantil do noso centro!

CHAPAS DE ANIMALIÑOS

Ofrecéronse a impartir un obradoiro para explicarlle ao alumnado de 6º de Educación Infantil como facer unha ovella...

E debuxaron a súa ovella personalizada!

                                                                                        Obradorio de animaliños                        As nosas ovellas

 Finalmente entregamos unha chapa a todas as rapazas e rapaces de Educación Infantil!

Entrega de chapas

 

Romaría das Letras Galegas

Co motivo da celebración do día das letras galegas, o vindeiro venres 19 de maio, imos organizar unha romaría no centro. Haberá gaiteiros, pandereteiras, xogos populares e o alumnado comerá ao aire libre, nos patios de recreo.

A maiores, ao longo desa semana o alumnado participará en diferentes obradoiros (Cada día participará nun obradoiro).

É por este motivo que o centro convida ese día a comer a todo o alumnado que queira. O menú estará composto por empanada, tortilla e rosca. O alumnado só terá que traer un botellín de auga para a comida. (Por favor, lembrarllo para que o traian). É fundamental e necesario que o alumnado non usuario do comedor que teña pensado comer ese día, informe ás súas titoras ou a direción para que podamos organizar dita comida.

A maiores, recoméndase ao alumnado que veña vestido de galego para darlle colorido á romaría.

Olimpíada Letras Galegas 2023

 

Podes consultar as súas bases pinchando AQUÍ

Distribuir contido


by Dr. Radut