Traballando co GIMP

Durante o segundo trimestre o alumnado de 3º da ESO de Educación Dixital estivemos traballando con numerosas ferramentas que nos ofrece o programa informático Gimp.

O Gimp é unha aplicación de edición de imaxes dixitais en forma de mapa de bits, como debuxos e fotografías.

Realizamos diferentes tarefas combinando funcións do programa, axustando o tamaño das imaxes e deseños, modificando e esvaendo cores, debuxando imaxes libres, inserindo imaxes pequenas dentro dunha de maior tamaño...

Ao principio poden acumularse moitas ferramentas, pero cando comezas a coller práctica é moi cómodo deseñar ao teu xeito e como mellor consideres as túas tarefas.

Estas actividades que están expostas en AGUEIRO. Se pinchas nalgunha das imaxes podes entrar e ver o traballo feito por todo o alumnado, dúas de debuxo e unha de recortar e pegar.

Falando agora da actividade de recortar e pegar, dicir que foi unha actividade máis complicada.

Nesta parte do curso tiñamos que sacar unha foto dun edificio ou dun lugar do noso concello e, a continuación, escoller un graffiti de internet. Despois tivemos que recortar o graffiti con ferramentas como selección libre. Este paso é algo longo, xa que o tes que ir facendo pouco a pouco para que quede ben. Cando rematamos iso, tivemos que abrir a nosa foto e adaptar o graffiti recortado ao seu novo fondo para que pareza que está pintado na mesma. Nese paso tivemos especial coidado para que non se distorsionara o graffiti mantendo proporcións...

Paralelamente a todo isto, fomos completando un PDF con pantallazos do proceso e unha breve explicación de cada paso a seguir.

           

Moi interesante!

Enviado por Anónimo o Ven, 2024-06-14 10:32.

O GIMP é un programa moi interesante, xa que ten unha gran variedade de ferramentas que nos permiten editar imaxes a o nos xeito. Estas actividades encantáronme!

Sara


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.