Con motivo da celebración do Día do Libro a clase de 2º EP recibiu unha visita moi especial. A dos ratonciños Julia e Sam, os protagonistas das fascinantes historias da Casa dos ratóns, que fixeron unha longa viaxe para coñecernos. Foi máxico, extraordinario e moi emocionante estar con eles!
Os nenos e nenas tamén pintaron a "árbore dos libros" e cada nena e neno cubriu un libriño indicando o seu libro preferido. Libriños que despois colgaron da árbore como se de folliñas se tratasen. Quedoulles unha árbore chea de libros con contos, aventuras, soños, fantasía…
O Día do libro pasámolo xenial porque… nos encantan os contos!