Skip to Content

Responder ó comentario

Enquisa de Convivencia

No marco da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 porase en marcha a Enquisa de Convivencia Escolar 2023cuxo prazo de participación será do 2 ao 22 de maio (ambos os dous incluídos).

Esta enquisa é de carácter anónimo e nela participarán todos os centros públicos e privados concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Participan todos os colectivos que conforman a comunidade educativa -alumnado, profesorado, persoal non docente e familias- e que os equipos directivos serán os encargados de facerlle chegar a cada persoa a comunicación que contén unha clave de acceso ao cuestionario do seu colectivo. 

Participa o alumnado de 5º de EP en diante e cubrirán dita enquisa en horario escolar tal e como indican as súas instruccións.

Nos vindeiros días recibirán un código de acceso para entrar na enquisa correspondente como familia. En caso de ter varios fillos/as matriculados no centro, só teñen que cubrir unha única enquisa por familia.

Os enlaces para participar na enquisa son os seguintes:

- Enquisa alumnado Ed. Primaria.

- Enquisa alumnado ESO.

- Enquisa familias.

- Enquisa persoal non docente.

- Enquisa profesorado.

- Preguntas frecuentes.

- Guía para responder.

AdxuntoTamaño
Guia para responder a enquisa de convivencia_2023.pdf240.33 KB
Preguntas frecuentes_2023.pdf507.52 KB

Responder



by Dr. Radut