Iniciar sesión: Acceso

Visita a Galiciencia 2012 e Celanova

   O pasado día, 21 de novembro do 2012, fomos de excursión co instituto a Ourense. No camiño pasámolo moi ben no autobus; o único inconveniente é que tiñamos sono.

   Ao chegar a Ourense dirixímonos a un edificio onde celebrábase Galiciencia 2012. Unha estudiante guiounos ata a cafetería.

Ao terminar na cafetería levounos ata unha carpa onde os nenos e nenas doutros colexios expoñían os seus experimentos. Chamáronme a atención 3:

      - como podíase saber onde había radiación,

      - dúas nenas explicáronnos que coa enerxía solar podíase mover coches, quentar o café ou facelo, e moitísimas cousas máis!

      - Había un proxecto parecido a un coche a gran escala movido pola enerxía solar no que ían montados dúas persoas.

   Cando saimos da carpa dirixímonos a unha sala, onde un home de Manzalvos explicounos moitas cousas sobre o cerebro humano, e como se podía enganar con diversos trucos. Por exemplo, se te tocas o nariz coa xema do dedo índice e ca do dedo corazón cruzados parace como se tiveses dous narices; o outro era un truco de magos: cando estes fan un movememtno pequeno , este é tapado por un movemento grande e aproveitan para facer o truco, porque os espectadores so apreciamos o movemento grande. Foi moi interesante.

   Ao sair de alí, a rapaza dirixiunos cara a unha sala de reunións. Alí estaba Pedro José Cascajosa Arroyo, o autor do  libro que nos deron ("Dos quarks á próxima extinción", e Xurxo Mariño, neurobiólogo, ao que lle dedicou o libro Pedro. Ao terminar eles veu outro home a ensinarnos outros experimentos e falarnos como fixeron películar do estilo de "Frankestein", "Os tomates asasinos"... Explotou varios globos con distintos gases e comprobou se eramos mutantes ou non.

   Cando terminamos fomos a un centro comercial onde comimos moi ben no buffet. Logo collimos o autobús e dixímonos a Celanvoa a ver un mosteiro moi bonito, a Capela de San Miguel e a Casa dos poetas. Alí saíunos ao encontro a profesora de Francés. Na casa dos poetas vimos a exposición sobre Manuel Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.

   Na viaxe de volta chegamos ás sete e media da tarde. Estabamos todos moi cansos pero pasamolo moi ben.

   A verdade é que a ciencia pode ser moi divertida e ten moitas aplicacións na nosa vida.

 

DANIEL CEBRIÁN DE LA CRUZ, 2º ESO