Iniciar sesión: Acceso

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO 2010-2011 (A GUDIÑA- SARRIA)


O pasado 29 de marzo un grupo de alumnos de 1º e 2º de ESO do CPI Laureano Prieto participou nunha xornada de convivencia con alumnos procedentes do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo). Arredor das doce da mañá o Centro recibiu aos alumnos convidados e fixéronse as presentacións oportunas, para que cada participante na actividade coñecese en persoa á persoa coa que mantivo correspondencia por carta dende comezos deste curso académico 2010-2011. O vindeiro 24 de maio asistiremos a Sarria (Lugo) para completar a actividade de intercambio co IES Xograr Afonso Gómez.


 Se queres ver as fotos preme neste enlace á nosa galería de imaxes.