Skip to Content


 

Primaria

NO LABORATORIO

O pasado mércores, día 2 de marzo, o alumnado de 5º de Primaria voltou ao laboratorio onde, coa colaboración do profesor José Ángel, asistiu á observación dos órganos pertencentes aos aparatos responsables da nutrición.

                              

                           

 

VISITA AO CONCELLO

O martes 23 de febreiro o alumnado de 5º curso de Primaria realizamos unha visita ao Concello na que nos mostraron o Salón de Plenos, que data de 1890, e a Xefa de protocolo, Inés, explicounos, de xeito moi ameno, desde a Constitución do Goberno da cidade ata o significado dos escudos das tres bandeiras. Ao final o Alcalde, Jesús Vázquez, interactuou cos rapaces e rapazas contestando algunhas cuestións que lle prantexaron.

       

 

                                        

UN BOTEIRO EN MENDE

O venres 12 visitounos, na aula multimedia, un Boteiro de Viana do Bolo para nos explicar o vocabulario: monca, esquilas, leguis... e como se confecciona un traxe deste tipo. Así mesmo vimos os distintos "Foliois" das aldeas veciñas a Viana. Foi unha actividade moi divertida na que o alumnado participou tocando o sacho e o bombo.

                                 

                                   

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO COMADRES E COMPADRES

O 29 de xaneiro na biblioteca do Centro tivo lugar un obradoiro de confeción das comadres e dos compadres por parte do alumnado de 1º, 2º, 4º e 5º de Primaria. Esta actividade é complementaria da que terá lugar o día 4 de febreiro na Praza Maior na que nenos e nenas "loitarán" pola supervivencia das comadres.

          

PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria aistiu en ExpoOurense a unha charla e diversas actividades sobre Educación Vial.

         

ACUARIOFILIA NA AULA DE 5º DE PRIMARIA

Por fin a aula de 5º de Primaria xa ten camiñando o acuario. Logo dalgunhas semanas de preparación da auga coas bacterias, prantas, pedras... hoxe chegaron os peixes da man dun especialista. Despois dunha charla moi entretida o alumnado participou na "solta" axeitando previamente a temperatura. Agora só resta coidalo controlando o ph da auga, a súa limpeza, a cría, a comida... polo que se fan quendas para elo.

               

ESPECTÁCULO DE DANZA

O 4 de novembro o alumnado de 5º de Primaria asistiu, na Escola de Artes Escénicas, a un espectáculo de danza, onde, despois de gozar de dúas coreografías, participaron activamente bailando segundo as directrices das bailarinas.

           

ENERXÍAS RENOVABLES

 O pasado 29 de outubro os cursos de 5º e 6º de Primaria asistiron, na praza do Bispo Cesáreo, a unha actividade sobre as enerxías renovables, promocionada por Iberdrola.

        

 

                            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                 

 

ESPANTALLO AMIGO

O luns 25 de maio o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria asistiu no Auditorio á representación da obra teatral "O espantallo amigo" baseado na obra do mesmo título de Xosé Neira Vilas, libro lido e traballado anteriormente en clase.

               

 

FESTA FIN DE CURSO 6º PRIMARIA

O luns 18 de maio o alumnado de 6º de E. Primaria celebrou a festa de fin de curso cunha saída a Cabeza de Manzaneda xunto con nenos e nenas doutros colexios da cidade. Participaron durante todo o día en actividades como: orientación fotográfica, subida e baixada en telecadeira, yumping, vivacs, natación, spa e beisbol. Foi moi gratificante pola interacción co alumnado dos outros centros.

                  

Distribuir contido


by Dr. Radut