Skip to Content


 

Primaria

YUMMY!

 Enjoy this video, starred by first year students.

O ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA VAI AO TEATRO EN INGLÉS

On the 25th May, first and second year primary school students went to the auditorium in Ourense to watch 'Sleeping Beauty'. The children were engrossed in the play and sang along with the actors throughout. They had a wonderful time.

     

A TOPE COAS LINGUAS! O NOSO CENTRO XA É PLURILINGÜE

As profesoras e as auxiliares de conversa

 

Dentro oferta de idiomas estranxeiros do noso centro temos:

-Grupos plurilingües de plástica en inglés (primaria) coa profesora Irene, coordinada por Manoli, o que converte o colexio en Centro Plurilingüe.

- Aulas bilingües de Educación Física en Inglés en secundaria, con Susana, coa coordinación de Begoña.

- Inmersións e intercambios de francés, con Conchita.

Como apoio destes programas contamos coa presenza de dúas auxiliares de conversa nativas, que nos acompañarán oito meses cada curso.

 

É importante aprender idiomas? Descubre o que pensan as auxiliares de conversa Eve e Mackenzie, entrevistadas polos nosos compañeiros:

 

 

O FELO NO CENTRO

O día 15 tivemos a visita do Felo de Maceda no Centro. Mediante unha charla, audiovisuais e unha mostra detallada do seu traxe, o alumnado atendía entusiasmado.

                        

ENCONTROS CO AUTOR

"O pasado 7 de febreiro, no Liceo de Ourense tivo lugar, o encontro co escritor  Manuel Rivas, autor de Bala perdida, libro que os alumnos/as de 5º de Primaria leran con anterioridade. Foi unha experiencia moi interesante, na que o autor lle rubricou nun dos libros , "Polo dereito a soñar", algo que todos os nenos deben seguir facendo."

                                                     

PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO

O venres, 16 de decembro, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi visitar ExpoOurense para asistir á actividade de Educación Vial onde aprenderon a circular, en bicicleta e car, respectando as normas de circulación viaria.

                                                               

 

GRAVACIÓN EN TELEMIÑO

Este luns, día 21, o curso de 4º de Primaria, acompañados do seu titor Luis, gravaron o programa "Xornal Escolar" nas instalacións de Telemiño onde prantexaron adiviñas e preguntas ao seu profe. Despediron a gravación tres compañeir@s de E.S.O. cunha interpretación de música galega coas gaitas e o violín. Foi unha sorpresa atopar alí á maquilladora, Esther, antiga alumna en Tui da Xefa de Estudos.

                                      

O ACUARIO COMO MEDIO INTEGRADOR

A pasada semana tivemos na aula de 5º de Primaria unha visita. David, Teo e Miguel viñeron ver o acuario. A nosa sorpresa foi ver como interactuaban entre eles e cos peixes, mesmo fixándose nas crías que acaban de nacer. Foi moi simpático observar como David non quería marchar e, desde a porta, voltaba desandar o camiño para fixarse e falar outra vez cos peixes.

           

                                             

ENCONTROS CO AUTOR

O alumnado de 5º e 6º de Primaria asistiu, coma ve sendo habitual, á cita anual de Encontros co autor. Este ano a xuntanza foi con Erica Amoris para comentarnos o seu libro, gañador do Premio Merlín de Edicións Xerais, "Nena e o mar". A escritora falounos da súa nenez, do seu proceso de escritura e da banda sonora do libro.

             

 

                                     

ALMORZOS SAUDABLES

Como ven sendo habitual, outro ano máis o alumnado, de 5º e 6º de Primaria, asistiu á charla, por parte de Sanidade, sobre unha boa alimentación. Salientaron as clases de nutrientes e o mellor xeito de combinalos, nas cinco comidas diarias, para gozar dunha boa saúde.

         

Distribuir contido


by Dr. Radut