Concurso nome biblioteca
Reparto de agasallos do concurso do nome da biblioteca
Chegou o mes de decembro e con el os agasallos!
Ao longo desta mañá repartíronse os premios para o alumando participante no concurso do nome da biblioteca, unha goma de Minilentiña de diferentes cores, e tamén os que conseguiron aqueles cinco rapaces e rapazas que achegaron cadanseu nome finalista, uns álbums fotográficos sobre o bosque e os fondos mariños.
Moitos parabéns ao alumnado premiado!
Primaria
1ºA
1ºB
2ºA
2ºB
3ºA
3ªA
3ªB
4ªB
5ªB
6ªA
6ºB
Secundaria
2ºA
2ºB
4ªAB
Estade moi atentos durante a vindeira semana pois Lentiña, Cova e Terreña anunciaranvos cal será o novo nome da biblioteca escolar e, avísovos!, os nosos sapoconchos están con moito flow outonal.
Agradecementos ao apoio loxístico e gráfico de María Fernández e Jéssica Piñeiro.
»
- blogue de
- APIs de Blogue