SEMANA DA FROITA, XANEIRO

24 ao 28 de xaneiro de 2011


Esta semana poidemos disfrutar dunha froita diferente cada día... Que ricas!      


 Na hora do recreo, situados no patio dos pequenos, houbo dous postos onde nos repartiron froita para todos. E non só froita, o alumnado da ESO cun exemplar comportamento preparou para todo o cole zumes variados. Outra novidade nesta semana da froita foi o taller que fixeron os nenos e nenas de 3º de PRIMARIA sobre alimentos sans.As froitas que poidemos degustar foron mandarina, plátano, pera, mazá e os zumes foron de cenoria, pera, laranxa, kiwi... Estamos encantados con esta idea que nos aporta unha dieta saudable. Agora que estamos crecendo, a froita coas súas vitaminas e azúcares naturais son o complemento ideal para a merenda dos recreos.     Só temos que dicir unha nota negativa a esta semana da froita, i é o derroche que algúns nenos e nenas fixeron coa froita sobrante. Debemos facerlle caso aos encargados de repartila e coller só a froita que vaiamos comer.         Xa estamos esperando a próxima semana da froita, quen sabe os novos sabores que descubriremos... Que rica é a froita! 


Fai clic na imaxe si queres ver todas as fotos.



Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031