SAÍDA AO ESTEIRO DA FOZ
O alumnado de 2º da ESO acudiu o 22 de Outubro a unha zona de alto valor ecolóxico: o Esteiro da Foz. Este enclave reúne a multitude de aves migratorias que fan unha parada na nosa terra para despois proseguir a viaxe cara a África.
Ademais de observar aves e as súas característcicas e costumes, o noso biólogo de referencia na zona, Manolo, falounos das peculiaridades da vexetación da contorna.
O alumnado fixo unha camiñata de aproximadamente 10 kilómetros e disfrutou dunha mañá soleada.
Esta saída foi posible grazas á colaboración dos departamentos de Bioloxía e Educación Física.
Asemade agradecemos a colaboración do profesorado acompañante e a boa actitude do alumnado.
Esta actividade forma parte dos proxectos: PVAD, EduSáude, Inclúe-T, Iguála-T, Convíve-T.
- blogue de dgayoso
- APIs de Blogue