XORNADA DE CONVIVENCIA NA PRAIA
Ola a todos e todas:
Como inicio de curso, todo o alumnado da ESO e Primaria acudiu á praia da Barbeira a pasar a mañá. Todo o grupo desprazóuse a pé desde o centro escolar ata a praia.
Na procura da inclusión de todos os participantes ofreceuse un amplo abano de xogos.
Montouse unha carpa para reparto de froita entre todos os escolares.
Estas foron as actividades propostas:
Actividades tranquilas: cartas e petanca.
Actividades dinámicas na area: rugby tag, kinball, voleibol, brilé, ultimate, fútbol, béisbol, palas...
Actividades na auga: iniciaciación á vela e nado libre baixo vixiancia
O propio alumnado, baixo a supervisión do profesorado, encargouse da organización e xestión dos xogos. Eles mesmos decidían o grao de participación, o tipo de actividade e o tempo de xogo.
A participación foi masiva. O alumnado estivo realizando actividade física durante toda a mañá. O número de conflitos durante os xogos foi practicamente nulo.
Esta actividade forma parte do PVAD (Proxecto de vida activa e deportiva), EduSaúde, Inclúe-T, Iguála-T, Convíve-T, Emocióna-T
- blogue de dgayoso
- APIs de Blogue