CURSO DE MEDIACIÓN
Ola:
Este ano continuamos co curso de mediación. Durante as tardes dos martes e xoves, desde o 25 de outubro ata o 22 de novembro, alumnado de primaria e secundaria está a participar nesta iniciativa que forma parte do plan de convivencia do centro.
O alumnado aprenderá as pautas básicas dunha intervención para mediar nun conflito:
- Presentación e regras ou normas dunha intervención: a quenda de palabra, o respecto na linguaxe, a confidencialidade...
- Cal é o problema? As persoas en conflito explicarán a situación, aportarán información relevante, relatarán os sentimentos de cada un. Os mediadores axudarán a compartir os sentimentos de cada un parafraseando o que se dí, resumindo e chegando a unha versión en común.
- Aclararemos o problema con preguntas abertas e poñeremos a cada unha das persoas no lugar da outra.
- Propoñeremos solucións: que precisamos para resolver o problema?; que estamos dispostos a facer?. Teremos que concretar o que imos facer e acabar nun resumo.
- Acordo: nesta parte final leremos o acordo; o asinaremos; o levaremos a cabo e faremos un seguimento; agradeceremos a presencia e nos despediremos.
Impartirá a formación a asociación ALICE: formación para a mellora das relación humanas
»
- blogue de dgayoso
- APIs de Blogue