Disque o tempo anda revirado e tolo de todo... por mor do que os nosos sapoconchos lectores vos piden axuda para que lles axudedes a identificar fenómenos meteorolóxicos mediante unha fotografía e un pareado, en lingua galega, que o explique"-
Aquí vos deixamos as bases deste novo concurso para toda a comunidade educativa:
Para conmemorar o Día Mundial da Meteoroloxía, o 23 de marzo, propoñemos un concurso fotográfico sobre un fenómeno meteorolóxico.
Para participar no concurso, é necesario enviar un correo a meteocova@gmail.com, achegando:
-
Nome da/o participante e curso.
-
A fotografía inédita e propia.
-
Un pareado que acompañe e explique a fotografía (estrofa formada por dous versos que riman) en galego.
Cada participante poderá achegar un máximo de dúas fotografías.
A data límite de entrega é o venres 8 de abril ás 12h do mediodía.
Estableceranse 5 categorías de premiados por nivel educativo e unha categoría de profesorado e persoal non docente, podendo quedar deserto algún premio:
-
Infantil
-
Primaria:
-
1º, 2º e 3º
-
4º, 5º e 6º
-
-
Secundaria
-
1º e 2º
-
3º e 4º
-