MELLORA A POSTURA CORPORAL
RECOMENDACIÓNS DE ACTIVIDADES PARA PASAR A
CORENTENA
Estes días pasamos moito tempo inactivos e o corpo reséntese. As posturas estáticas durante períodos prolongados causan dores articulares e tensións musculares.
-
Non pases moito tempo seguido na mesma posición.
-
Cada corenta ou cincuenta minutos tómate un respiro, levántate, deambula un pouco pola casa, asómate á fiestra, fai algo de mobilidade articular ou algúns estiramentos.
-
Como imos a estar sentados moito tempo, ten a postura correcta:
-
Mantén as costas rectas e o pescozo en liña con estas.
-
Tenta non estar constantemente mirando cara abaixo.
-
Os ombros relaxados.
-
Busca un estado tranquilidade corporal para afrontar as tarefas.
-
Explora a posición do teu corpo, as veces temos tensións das que non somos conscientes e que dificultan a concentración.
-
Toma conciencia do corpo a través da relaxación e a respiración.
-
- blogue de dgayoso
- APIs de Blogue