Biblioteca |
¿Sabes que é a C.D.U.? Non perdas a oportunidade de ver o novo programa de Formación de usuarios, no que os Axudantes da Biblioteca explican como organizamos os fondos de consulta e divulgación seguindo a Clasificación Decimal Universal.
|
|||
Cada mes, con motivo de diversas conmemoracións, organizamos unha pequena exposición das obras dalgúns autores e autoras relevantes no eido nacional e internacional. No mes de febreiro lembramos a María Xosé Queizán, Mary Wollstonecraft Shelley, Xulio Verne e Eduardo Pondal. |
|||
Coa colaboración dos axudantes de biblioteca de quinto e sexto de Educación Primaria organizamos visitas a todas as aulas desta etapa cunha “mochila de novidades”, amosándolles aos compañeiros/as dos distintos cursos as novas adquisicións que estarán dispoñibles na nosa biblioteca proximamente para invitar e incentivar ao alumnado a vir á biblioteca a coñecer novos fondos documentais.
|
|||
Nesta nova entrega do noso programa de Formación de usuarios aprenderás como se organizan os fondos de literatura e cine da nosa biblioteca en función das idades ás que están orientados. |
|||
Con motivo da celebración do Día Escolar da Non-violencia e a Paz preparamos unha mostra de fondos documentais relacionados coa temática. |
|||
¿Coñeces as seccións nas que se organizan os fondos documentais da nosa biblioteca? Nesta ocasión, os Axudantes de Biblioteca realizan una visita guiada coa que aprenderás a atopar o material que buscas rapidamente. |
|||
Cada mes, con motivo de diversas conmemoracións, organizamos unha pequena exposición das obras dalgúns autores e autoras relevantes no eido nacional e internacional. No mes de xaneiro lembramos a Elvira Lindo, Suso de Toro, Concepción Arenal e Isaac Asimov. |
|||
Este curso comenzamos unha nova andanza: os Axudantes de Biblioteca de quinto e sexto de Educación Primaria explícannos cousiñas moi interesantes sobre o mundo dos libros e as bibliotecas. ¡Non deixes pasar a oportunidade de ver os vídeos e aprender con eles! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »