Biblioteca |
En colaboración co profesorado de quinto e sexto de Educación Primaria organizouse un concurso de cómic no terceiro trimestre. Velaquí as imaxes dos gañadores.
|
|||
Dende a biblioteca organizamos un concurso de elaboración de carteis de animación á lectura para todo o alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. O premio para o alumno/a gañador de cada nivel consistiu nun carné especial que permite o empréstito de máis libros e tamén fondos audiovisuais. Os participantes presentaron carteis moi orixinais, como os que podedes ver nas imaxes a continuación.
|
|||
En colaboración co profesorado de quinto e sexto de Educación Primaria deseñouse a principio de curso un itinerario lector cun formato lúdico, o Libropoly, que consiste no reto de ler e realizar fichas de lectura (e, voluntariamente, tamén vídeo-reseñas) de vinte libros previamente seleccionados e expostos nun gran taboleiro que emula o clásico taboleiro do xogo Monopoly. Cada unha das fichas de lectura (e vídeo-reseñas) realizadas sobre calquera desas obras puntúa dous puntos a canxear na tómbola lectora que eses dous niveis de dita etapa realizan a última semana do mes de maio. Ademais, o alumnado que sexa capaz de rematar o taboleiro completo, gañará dez puntos extra. ¡Ánimo a todos/as os xogadores/as! ¡Xa queda pouquiño para terminar o reto!
|
|||
En colaboración co profesorado de quinto e sexto de Educación Primaria organizouse un concurso de poesía no segundo trimestre, con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía. Velaquí as fotos dos gañadores.
|
|||
No mes de marzo, con motivo do Día Mundial da Poesía, realizamos unha exposición de libros de poesía.
|
|||
Os axudantes de biblioteca de quinto e sexto de Educación Primaria, organizamos visitas a todas as aulas desta etapa cunha “mochila de novidades”, amosándolles aos compañeiros/as doutras aulas as novas adquisicións que estarían dispoñibles na nosa biblioteca proximamente para invitar e incentivar ao alumnado a vir á biblioteca a coñecer novos fondos documentais.
|
|||
Hoxe 25 de febreiro o alumnado de 3º de ESO asistiu en Compostela a unha charla-conferencia de María Solar e dúas científicas do CSIC, Marta e Isabel.
As científicas falaron sobre os virus e a importancia de vacinarnos para non contraermos certas enfermidades.
María Solar, sobre a súa novela, Os nenos da varíola.
|
|||
Celebramos o Día de Rosalía de Castro coa audición de poemas da padronesa interpretados pola soprano de orixe lousamiá, Esperanza Mara.
Asistiron os alumnos de 6º de primaria e 1º e 2º de ESO. Algúns deles homenaxearon a nosa poeta lendo poemas seus. .
Á sesión fomos convidados polo concello de Lousame. Moitas grazas!!! |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »