PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA

O venres 31 de maio de 2024 tivo lugar a entrega de premios ao alumnado participante na 29ª edición do Certame Literario Alberto Romasanta. Este certame organízase anualmente entre os Equipos de Dinamización Lingüística dos institutos públicos de Noia: o IES Virxe do Mar e o IES Campo de San Alberto; ademais o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro é centro convidado a participar no mesmo, ao igual co IES Poeta Añón de Outes.

Co certame búscase estimular a creatividade literaria en poesía e prosa e a expresión escrita en lingua galega entre a xente nova.
Nesta edición a participación acadou case un cento de textos, que foron preseleccionados polo profesorado coordinador. De todos eles acadaron a categoría de finalistas cincuenta textos de importante calidade, entre eles, oito pertencentes a alumnado do noso centro.

        Na modalidade B de poesía recibiron premio dúas alumnas de 2º ESO do noso centro, Noelia Fernández Rey, cun 2º premio e a súa compañeira, María García Grela, cun 3º premio.

        Parabéns a todos eles por ser finalistas e a estas dúas alumnas, especialmente, por estar entres os tres primeiros na categoría de poesía.