5ºA |
Na área de Plástica estivemos investigando e lendo sobre o Guernica. Un dos datos que nos chamou máis a atención foron as dimensións do cadro (3,49m x 7,76m). Aproveitamos o traballo cos decimais en Matemáticas, para medir e crear as dimensións reais do Guernica cun cordón.
|
|||
Este ano o 30 xaneiro, Día da Paz, traballamos o cadro do Guernica. Aproveitamos que o PDI deste ano está adicado aos artistas para traballar este cadro tan representativo. Elaboramos unha gran peza en colaboración cos compañeiros de 5º e 6º.
|
|||
Voltamos ao laboratorio para experimentar cos sentidos. Fixemos tres prácticas: -1ª: Tapamos os ollos e o nariz para probar distintos aliementos, e así comprobar se os recoñecíamos. -2ª: Cuns bastonciños probamos de 4 vasos, onde tiñamos que adiviñar con que sabor ( doce, salgado, amargo ou ácedo) se relacionaba. -3ª: Tiñamos uns saquiños con algo dentro e debiamos adiviñar do que se trataba usando o olfacto.
|
|||
Na área de Naturais estamos estudando os distintos aparatos que conforman o corpo humano. Nesta ocasión, fixemos un maqueta do aparato respiratorio con materiais de refugallo. Velaquí unha mostra do proceso.
|
|||
Este curso comezamos a facer un taller de matemáticas manipulativas, relacionado cos contidos de cada tema. Traballamos coas pezas de LEGO os números primos e compostos. Con cartolinas traballamos as fraccións. Tivemos que repartir a unidade en partes iguais cada vez máis pequenas, e despois puidemos comprobar a equivalencia entre algunhas delas. Botade unha ollada!!!!!!!!!!!!!!!!
|
|||
Visitamos por primeira vez o laboratorio cos nosos compañeiros de 5ºB. Fomos usar o microscopio e a lupa binocular. No microscopio vimos unha célula vexetal, concretamente a dunha cebola, e na lupa binocular vimos auga estancada e as esporas dun fento. Quedamos abraiados!!
|
|||
|
|||
Estudamos as fases da Lúa coa axuda de galletas. Fixémolo en 4 pasos. 1º Separamos as galletas en dúas partes. 2º Repartimos a crema das galletas. 3º Puxémoslle os nomes as distintas fases. 4º Por último saboreamos a nosa creación. Velaquí a mostra do noso traballo.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »