5ºA |
Desta volta, o alumnado estuda a circulación maior e menor coa axuda dun corazón xigante. O alumnado verbalizaba ao que ía pasando ao mesmo tempo que percorría as distintas aurículas e ventrículos.
|
|||
Aproveitando o traballo coas unidades de masa, volume e capacidade o alumnado calculou aproximadamente canto medía o seu intestino delgado. Como o fixeron? Pois averiguaron que se multiplicaban a súa altura por 4,5 obtiñan a lonxitude aproximada do seu intestino delgado. Finalmente, no patio coa axuda de regras e cintas métricas cada un debuxou cun xiz a lonxitude do seu intestino. |
|||
Aproveitamos o estudo do aparato respiratorio e facemos unha maqueta que nos mostra o seu funcionamento. |
|||
Nesta ocasión para aprender dun xeito máis manipulativo o alumnado fixo un lapbook sobre o universo e unha maqueta do sistema solar. |
|||
|
|||
Velaquí distintas modos de representas as células vexetais e animais. Os nen@s foron moi creativos e empregaron distintos materiais.
|
|||
O alumnado de 5º A realizou a súa primeira visita ao laboratorio, para ir tomando contacto co método científico. Aprenderon algunhas normas básicas para acceder ao laboratorio ademais do nome dalgún material específico. Puideron manexar a lupa binocular e o microscopio. Viron a parede celular dunha cebola. |
|||
Benvidos ao espazo web dos alumn@as de 5º A. Nesta páxina irane subindo distintas actividades realizadas polos alumn@s.
Pincha debaixo e proderás consultar a programación deste curso. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »