![]() |
![]() |
Despois de meses de traballo ¡por fin temos todo preparado para abrir a biblioteca! No mes de xuño do curso pasado, comenzamos a recolocar moitos dos fondos documentais: movemos seccións completas, cambiamos a ubicación de moitas librarías, gardamos en caixas outras pequenas seccións agardando o novo mobiliario, deixamos todo ben cuberto para evitar que os libros se enchesen de po... Moitas horas de traballo nas que se implicaron moitos Axudantes de Biblioteca de quinto e sexto de Educación Primaria, para os que non temos suficientes palabras de agradecemento. Durante as vacacións de verán ampliouse a biblioteca facendo uso dunha das aulas contiguas e en setembro, de novo, un traballo inxente para recolocar mobles, librarías, mercar e montar o novo mobiliario e ordenar miles e miles de libros, películas e outros materiais. Traballamos contra o reloxo para poder abrir a biblioteca a primeira semana de novembro, pero o esforzo pagou a pena.
|
|||