Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Septembro 05, 2022

 

Estimadas familias:

Este curso as titoras de 1º serán:

1ºA: Laura Cuba.

1ºB: Zeltia López. Durante unhas semanas haberá un substitut@.

 

A continuación deixámosvos unhas indicacións para o primeiro día.

O día 8 de setembro, día en que comezamos o cole, a entrada será polo portal de arriba.  Serán recibidos alí e faremos a fila na entrada do vestíbulo.

Os nenos e nenas deberán traer:

  • Auga.
  • Merenda.
  • Estoxo con lapis, goma e ceras de cores.

Os seguintes días, entrarán polo portal de arriba e baixarán pola rampla para facer a fila con normalidade no patio cuberto. O alumnado que teña irmáns en infantil, pode entrar por abaixo e ir cara a fila ao patio cuberto.

En relación ás saídas indicarvos que:

A hora de saída do alumnado de 1º é ás 13:50. Os nenos e nenas que marchan coa familia sairán polo portal de arriba. Se teñen irmáns en infantil e as familias o desexan, poden ser recollidos por abaixo no patio cuberto pero, terán que informar ás mestras para que o teñamos en conta.

 

En canto ao resto de material, cando empecen as clases, as titoras entregaranlles unha lista coas cousas que precisan.

Recibide un saúdo.

Mércores Septembro 07, 2022

Estimadas familias:

As titoras Mari e Raquel de E. Infantil 3 anos,  querer deixarvos  varias informacións:

  • Informacións sobre a organización do período de adaptación.
  • Folleto informativo para ás familias.

 

Recibide un agarimoso saúdo.

Estimadas familias:

As titoras de E. Infantil 3 anos Mari e Raquel, queren deixarvos informacións importantes:

  • A organización do período de adaptación.
  • Folleto informativo.

Ademais invítanvos a seguir o seu blogue.

 Recantos do Baxoi

 

Recibide un agarimoso saúdo.

Distribuir contido