Estimadas familias:
Este curso as titoras de 1º serán:
1ºA: Laura Cuba.
1ºB: Zeltia López. Durante unhas semanas haberá un substitut@.
A continuación deixámosvos unhas indicacións para o primeiro día.
O día 8 de setembro, día en que comezamos o cole, a entrada será polo portal de arriba. Serán recibidos alí e faremos a fila na entrada do vestíbulo.
Os nenos e nenas deberán traer:
Os seguintes días, entrarán polo portal de arriba e baixarán pola rampla para facer a fila con normalidade no patio cuberto. O alumnado que teña irmáns en infantil, pode entrar por abaixo e ir cara a fila ao patio cuberto.
En relación ás saídas indicarvos que:
A hora de saída do alumnado de 1º é ás 13:50. Os nenos e nenas que marchan coa familia sairán polo portal de arriba. Se teñen irmáns en infantil e as familias o desexan, poden ser recollidos por abaixo no patio cuberto pero, terán que informar ás mestras para que o teñamos en conta.
En canto ao resto de material, cando empecen as clases, as titoras entregaranlles unha lista coas cousas que precisan.
Recibide un saúdo.