Celebramos o MAGOSTO!!!

12/11/2024 16:05
Europe/Madrid

Previamente os máis pequenos do cole elaboramos o castañeiro para gardar a nosa ración de castañas...

Así de chulos quedaron!!!

E chegou o venres 8 de novembro, día da festa...

Durante a mañá estivemos gozando cuns obradoiros de maquillaxe, papiroflexia e xogos populares, todos eles cortesía do ANPA.

  (GRAZAS por este agasallo)

Para rematar coa degustación de castañas...

Mmmm riquísimas!!! Canso

Recortes do SAMAÍN

03/11/2024 11:31
Europe/Madrid

Resumimos neste vídeo algúns dos momentos vividos na semana do SAMÍN...

Pasámolo de medo!!! 

No curso 2024/2025 a temática do clube de ciencia do CPI Castro Baxoi é “Cociñando con ciencia”

04/11/2024 10:17
Europe/Madrid

Neste curso escolar imos relacionar os produtos da horta coa alimentación, coa elaboración pratos, xa que intereveñen en moitos casos procesos químicos.

Fabricaremos un forno solar, iogur natural, veremos a causa de chorar ao pelar unha cebola (reacción química), como as famosas esferificacións que están tanto de moda na cociña, que tamén son unha reacción química; como se obtén o licor café (método de destilación).

Estas cousiñas e outras, aplicando a tecnoloxía dixital, detectaremos se a comida é saudable ou non saudable.

Colaboraremos ca Universidade de Santiago nun proxecto de pegada dixital na produccións dos alimentos, xa sexa na horta ou no seu cociñado; colaboraremos coa plataforma educativa de Gadis “Alimentes Dixital” sobre alimentación saudable. Tamén se realizarán colaboracións con outros centros que estean coa mesma temática realizando unha videoconferencia para compartir experiencias.

Realizaránse saídas planificadas á Casa do Mel e Museo Etnográfico de As Pontes, entre outras que se irán planificando ao longo do curso.

Como produto final recopilaránse todas as experiencias nun libro, en castelán e en galego, que terá formato de glosario ou diccionario no que por orde alfabética se poderá buscar, leer, aprender todo o realizado neste).

A coordinadora será a profesora Susana Vallejo. Contaremos coa colaboración da profesora de bioloxía, Elsa Veiga, dos profesores de linguas Raquel Vila e Jose Rodal, das mestras de 2º de primaria: Lucía Mejuto e Isabel Espiñeira, da profesora de educación física, Mónica Mato, o coordinador dixital do centro, Sergio Carbón e do profe de tecnoloxía e educación dixital: Jorge Tobío.

As reunións do clube de ciencias serán no recreo dos martes de 11:15 a 11:45, podendo ser no laboratorio, na aula de novas tecnoloxías ou na biblioteca en función da actividade a realizar.

Decoramos as cortizas polo SAMAÍN...

Estes días estivemos adicando algunha sesión a ambientar o noso corredor coa temática do SAMAÍN.

 

Tamén contamos coa colaboración das familias que xunto cos seus fillos e fillas empregaron toda a súa creatividade para presentar estas espectaculares cabazas. Así de chulas lucen na nosa entrada da aula.

 

BO TRABALLO!!!

Segunda edición do programa Convivencia e Benestar no CPI Castro Baxoi

29/10/2024
Europe/Madrid

Por segundo ano consecutivo, en colaboración coa ANPA e o Concello de Miño, desenvolvemos no noso centro o programa Convivencia e Benestar, que inclúe:

- Programa Titoría Entre Iguais.

- Ioga na escola.

- Programa ComunicArte.

Deixamos a continuación toda a información para que a consultedes:

 

ADORNAMOS AS PORTAS...

25/10/2024 17:49
Europe/Madrid

DECORAMOS AS PORTAS DAS NOSAS AULAS!!!

De seguido deixamos a nosa proposta de decoración de portas para este trimestre.

3 anos A:

3 anos B:

4 anos A:

4 anos B:

5 anos A:

5 anos B:

Quedaron chulísimas.

BO TRABALLO!!! Guiño

Renovación parcial Consello Escolar curso 2024/2025

Prezados/as integrantes da nosa comunidade escolar:

Ao final desta entrada aparecerán os documentos e información relativa ao proceso da renovación parcial do Consello Escolar do noso centro educativo para este curso 2024/25.

Información inicial. (Inclúe a data do sorteo da Xunta Electoral, 2 de novembro, e a constitución da mesma, 4 de novembro).

- Sorteo da composición da Xunta Electoral (resultado publicado no taboleiro de anuncios do centro).

- Circular informativa da convocatoria para as nais, pais ou titores legais do alumnado.

O censo electoral está publicado no taboleiro de anuncios do centro.

Modelo candidatura representantes.

Convocatoria alumnado.

O censo electoral está publicado no taboleiro de información do alumnado.

Modelo candidatura alumnado.

- Convocatoria profesorado.

Modelo candidatura profesorado.

- Convocatoria persoal non docente.

- Modelo candidatura persoal non docente.

- Calendario electoral.

Entrevista aos docentes de Educación Física de EI e EP

27/09/2024
Europe/Madrid

Hoxe 25 de setembro do 2024, os mestres de Educación Física de Primaria do noso Centro, tiveron unha videoentrevista con Teba Chacón, da Cadena Ser. O motivo da mesma, foi o proxecto de sensibilización e vivenciación das discapacidades levado ao cabo o curso pasado. Foi todo unha sorte ter esta repercusión dun traballo feito no noso centro. Moitas grazas.

Máis información nas seguintes ligazóns:

https://www.youtube.com/live/GkJjJgJuHjs?si=cwl3ML5aPqBNE0C-

https://x.com/radiocoruna/status/1838891194493055130?s=48

https://cadenaser.com/galicia/2024/09/27/nas-suas-zapatillas-un-innovador-proyecto-de-inclusion-a-traves-de-la-educacion-fisica-en-el-cpi-castro-baxoi-radio-coruna/

Información seguro equipamento EDIXGAL

17/09/2024
Europe/Madrid

Estimadas familias:

Deixámosvos adxunto na parte inferior desta esta entrada un tríptico de información sobre un seguro destinado aos ordenadores EDIXGAL que podedes contratar voluntariamente e directamente a través da dirección que consta no díptico (en ningún caso se tramitan cuestións relacionadas co seguro no centro).

Recordamos que en caso de rotura do dispositivo por uso inadecuado, é a familia a que debe facerse cargo do custo da reparación, agás que se teña contratada esta cobertura adicional.

Un saúdo.

 

Goalball coa ONCE

13/09/2024
Europe/Madrid

O Xoves 21 de marzo, dentro dun proxecto de sensibilización na área de Educación Física, coñecemos grazas a ONCE un deporte olímpico como é o goalball, explicaronnos un pouco as normas e mecánica do xogo para logo vivir unha situación de xogo real, e comprobamos que non é tan doado como podemos pensar.

Distribuir contido