Skip to Content

infantil

HICKORY DICKORY DOCK!

Ola a todos/as! Esta semana, as profes Kim, Belén e Teresa propoñémosvos unhas actividades moi divertidas con animais.

Primeiro, a profe Belén contaravos unha pequena historia.

Despois, poderedes bailar un anaquiño coa profe Kim.

Máis adiante, a profe Teresa ensinaravos os animais a través da música e os movementos.

E por último, teredes que tentar lembrar os sons e os movementos que aprendíchedes!

 

Esperamos que o pasedes moi ben.

Unha aperta!

https://www.youtube.com/watch?v=6dV2-mdvjzY

 

LÓXICA MATEMÁTICA: XOGAMOS AO BINGO!

Comezamos coa primeira actividade deste 3º trimestre que acaba de arrancar!

Hoxe propoñémosvos que xoguedes en equipo ao bingo. 

Deixámosvos unha nota informativa sobre a actividade proposta, cinco cartóns de bingo para cada curso e unhas actividades posteriores que podedes facer dende as casas, para favorecer e ampliar de forma lúdica este xogo.

Moitas gracias polo voso traballo e colaboración!

Ánimo e a xogar!

COMEZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE

Bo día familias!

Xa estamos de volta para comezar o terceiro trimestre. Non nos queda outra que comezar dende casa, por iso aquí vos explicamos como imos comezar a traballar mentras non poidamos volver ao cole.

Deixámosvos un pdf informativo sobre como imos plantexar o traballo na etapa de infantil e tamén un calendario coas actividades que iremos propoñendo ao longo deste mes de abril. Podedes descargalos si pinchades nas imaxes.

Moito ánimo a todos e todas!!! Unha aperta!!

ENTREGA DE DIPLOMAS DOS RETOS

Ola a tod@s!

Nesta ocasión queremos agradecer a grande implicación dos nenos e nenas e as súas familias na participación dos retos que vos propuxemos, e que damos por rematados coa entrega dos diplomas acreditativos cos "coronapuntos" conseguidos en función das misións superadas. Cada titor/a enviaralle aos seus alumnos/as os diplomas, que recibiredes en breve!

Moitas gracias pola vosa colaboración. Esperamos que o pasárades ben superando cada reto e que aprendérades un montón!!

Resultado 10ª misión: Entroido coronavírico

Ola familias!

Aqui tedes o resultado da 10ª e última misión!!Algúns montastes unha auténtica festa de disfraces!! Esperamos que o pasárades ben.

 

Formiguiñas: https://www.youtube.com/watch?v=hxyorIO0eNM&t=

Pitiños: https://www.youtube.com/watch?v=gmvBbnQLhSw&t=

Baleas: https://www.youtube.com/watch?v=XhO1p2HgCyo&t=

Unha forte aperta.

Vémonos pronto!!

RESULTADO 9ª MISIÓN: IOGA

Ola familias!

Os nosos retos están chegando ao seu fin, e despos de todo o esforzo que fixestes para acabar co coronavirus creo que merecedes un gran descanso!

Aquí tedes o resultado do penúltimo reto. Esperamos que vos relaxedes moito seguindo as fantásticas posturas dos nosos "ioguis".

Formiguiñas:

https://www.youtube.com/watch?v=rJqInA2q6Os&t=

Pitiños:

https://www.youtube.com/watch?v=jQtCkSynDMs&t

Baleas:

https://www.youtube.com/watch?v=fwFjDkxQWMo

 

Apertas.

INGLÉS: CHOCOLATE CAKE

Aquí vos deixo un regaliño doce para celebrar o fin do trimestre. Agardo que vos guste!

 

https://www.youtube.com/watch?v=XkQqRuWFQsU

 

Poñede os gorros e convertédevos en grandes cociñeiras/os!

 

Boas vacacións formiguiñas, pitiños e baleas! Moito ánimo!

 

DÉCIMA MISIÓN CONTRA O CORONAVIRUS: ENTROIDO CORONAVÍRICO

Chegou o décimo e último gran reto contra este virus!

Polo valor de 20 coronapuntos, deberedes caracterizarvos ou disfrazarvos do voso personaxe favorito e crear un ambiente de festa e diversión, no que ningún malicioso coronavirus se queira colar... 

Estades facendo un gran traballo en todas estas misións científicas!

Gracias!

INGLÉS: draw a crab

Bo día formiguiñas, pitiños e baleas!

Hoxe tráigovos un vídeo en inglés para que escoitedes, miredes, e... debuxedes!

Seguindo estes pasos... seredes capaces de facer un cangrexo como o meu? Imos aló!

https://www.youtube.com/watch?v=VYZZR90fawM

Mans á obra!

Resultado 8ª misión: Pesca coronavírica

Ola familias!

Aquí tedes os videos co resultado da 8ª misión, na que poñedes a proba a vosa habilidade e demostrades o ben que se vos da pescar!!

Formiguiñas:https://www.youtube.com/watch?v=yaHGXy7Nnvc

Pitiños:https://www.youtube.com/watch?v=HUZydDl6iUw&t=

Baleas:https://www.youtube.com/watch?v=2Zi7Vxfn_9A&t=

 

Moitas gracias por participar!!!

Unha forte aperta!

Distribuir contido


by Dr. Radut