Skip to Content

infantil

MÚSICA - Semana do 8 ao 12 de xuño

OLA FORMIGUIÑAS, PITIÑOS E BALEAS!

Esta semana convertímonos en PIRATAS, como a nosa amiga a nota musical LA-ra! 

 

 

Collede o parche e subide ao barco do "Pirata Barbarroja" que empezamos!!

Este é o enlace á canción do proxecto Musicaeduca:

https://www.youtube.com/watch?v=z9I9EH4Pa-U

 

Feliz semana!

Apertas da profe Tere

CLASE DE PSICOMOTRICIDADE E INGLÉS

BABY SHARK!

Ola formiguiñas, pitiños e baleas!

Hoxe a profe Belén e a profe Kim queremos bailar con vós, por iso vos presentamos esta canción tan chula.

Esta semana teredes unha misión moi importante! Deberedes aprender o baile da canción e as vosas familias terán que gravarvos. Ás profes vainos facer moita ilusión ver o ben que o facedes!

Estas listos? PINCHADE NA IMAXE!

DELETREA E GOL

Bos días formiguiñas, pitiños e baleas!

Hoxe traémosvos unha actividade coa que o pasaredes fenomenal mentras traballades lectoescritura.

Imos converternos en xogadoras e xogadores de fútbol! Estades preparados para comezar a xogar?

 

Que vos divirtades! Un abrazo dos profes Berta, Fer e Nuria.

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Bo día familias, nenas e nenos!

Hoxe, día 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente, para o que vos propoñemos unha actividade cargada de contido ambiental.

Primeiro debedes escoitar atentamente o vídeo que vos temos preparado , logo ir á praia de Laxe, coas medidas de seguridade oportunas, e realizar unha pequena limpeza. Por último, crear un cartel publicitario cunha mensaxe ecolóxica a favor do medio ambiente.

Seguro que o faredes xenial! Adiante amig@s!

Agardamos as vosas fotografías!

CLASE DE MÚSICA - semana do 1 ao 5 de xuño

BOS DÍAS FORMIGUIÑAS, PITIÑOS E BALEAS!

Esta semana déixovos a canción "5 DEDITOS" do proxecto Musicaeduca que bailamos e cantamos na clase de Música.

Lembrades que instrumento musical tocabamos ao principio e ao final?

https://www.youtube.com/watch?v=JnVmbdaSuvg

Boa semana!

A profe Tere

CLASE DE PSICOMOTRICIDADE E INGLÉS.

I HAVE A PET

Hello formiguiñas, pitiños e baleas!

Aquí estamos a profe Belén e a profe Kim un mércores máis. 

Hoxe, traballaremos cos animais de compañía. Estades preparados e preparadas? Pois PINCHADE NA IMAXE!

CALENDARIO XUÑO

Ola!

Aquí vos presentamos o calendario do mes de Xuño!

 

Unha aperta!

 

LANZA Á CANASTRA

Ola aminos e amigas!

 

Para comezar o mes de xuño traémosvos un novo xogo de lóxica matemática, co que esperamos que o pasedes moi ben e practiquedes moito!

Un aperta!

XOGAMOS COAS CORES

Bo día familias, nenos e nenas!

Na actividade de hoxe imos converternos en científicos e científicas, para o que vos traemos dous experimentos para xogar coas cores:

- O camiño da auga

- Arco da vella líquido

 

Coloca o teu uniforme e a EXPERIMENTAR!

MUSIC CULTURE - semana do 25 ao 29 de maio

BOS DÍAS FORMIGUIÑAS, PITIÑOS E BALEAS!

Seguimos coas nosas lembranzas do país que traballamos no primeiro trimestre, ESTADOS UNIDOS.

Ademais de coñecer algúns instrumentos musicais que se utilizan na música apalache (fiddle, banjo e mandolin) tamén coñecemos ao compositor americano LEROY ANDERSON.

Aquí temos as dúas actividades que fixemos coa súa peza musical "JAZZ PIZZICATO".

- Figuras rítmicas palmeando: negra (ta), parella de corcheas (ti-ti) e silenzo (shs).

- Figuras rítmicas con movementos diferenciados.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=75&v=oAsimwk7DMs&feature=emb_title

Apertas

A profe Tere

Distribuir contido


by Dr. Radut