Skip to Content

infantil

LETRAS GALEGAS 2020

Ola Formiguiñas, Pitiños e Baleas!

 

Hoxe conmemoramos o Día das Letras Galegas, que é o vindeiro domingo 17 de maio. 

Estade moi atentos ao vídeo que vos deixamos a continuación, porque ides ter moitas sorpresas!

DRIVING IN MY CAR

BOS DÍAS!!

Esta semana as profes Belén, Kim e Tere traémosvos a canción "Driving in my car".

https://www.youtube.com/watch?v=NnACW6cEQSQ

 

A xogar!

DÍA DE EUROPA

Ola de novo!!

O 9 de maio foi o Día de Europa.

En Infantil queremos conmemoralo con esta actividade que esperamos que vos guste!

 

APERTAS!!

O MEU NOME NUN FRASCO

Ola!

Hoxe traémosvos unha nova actividade de lectoescritura para que xoguedes coas letras dos vosos nomes!

Esperamos que vos guste!!!

Apertas!

ORELLAS DE BOLBORETA

O día 2 de maio celebrouse o Día Internacional contra o acoso escolar, e os nenos/as de infantil do CPIP Cabo da Area quixemos facer a nosa versión do conto "Orellas de bolboreta" para deixar claro que nós estamos a favor da diversidade.

Podedes ver o vídeo pinchando na imaxe.

XUNTOS FACEMOS UN MUNDO MELLOR!

MÁQUINA DE SUMAR

Ola formiguiñas, pitiños e baleas!

Hoxe traémosvos unha actividade de lóxico - matemática na que imos crear unha máquina de sumar, coa que poderedes desfrutar e xogar cos números. Esperemos que vos divirtades!

Ata pronto!

Berta, Fer e Nuria :)

OVER THE DEEP BLUE SEA

BOS DÍAS!!

Esta semana as profes Belén, Kim e Tere traémosvos a canción "Over The Deep Blue Sea"

https://www.youtube.com/watch?v=R8PyqMq2I2E

A xogar!

Apertas virtuais

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Bo día familias,

Xa estamos de volta!

Dado que o día 2 de maio (sábado) se celebrou a conmemoración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR, hoxe queremos propoñervos unha actividade en relación con esta data que resulta tan importante para nós, pois consideramos que é fundamental transmitirlle aos nenos/as valores relacionados co respecto, a igualdade e a valoración das diferenzas, o cal tentamos facer todos os días, pero que queremos resaltar hoxe de xeito significativo.

Para celebrar este día escollemos o conto "Orellas de bolboreta", co que vos propoñemos unha actividade conxunta, na que nos encantaría que participárades todos e todas. Podedes vela no pdf adxunto.

Grazas familias e moito ánimo!

Abrazos xigantes para formiguiñas, pitiños e baleas.

PLAN DE ACTIVIDADES PARA O MES DE MAIO

Este é o calendario das actividades e conmemoracións plantexadas para o mes de maio. Moito ánimo e grazas por participar!

 

 

A CAIXA SORPRESA

Ola de novo!!

Para rematar este mes de abril, tal como indica o calendario, traémosvos unha nova actividade de lectoescritura: "A caixa sopresa"

 

 

Esperamos que desfrutedes con ela!

Volveremos despois da ponte!!

Distribuir contido


by Dr. Radut