Skip to Content

Animación á lectura

TALLERES DE PAPIROFLEXIA

Na Semana Cultural desenvolvemos sendos talleres de papiroflexia, impartidos por Teresa Otero e Sandra Villar, a favor de Implicadas no Desenvolvemento.

PIONEIRAS DO DEPORTE EN GALICIA

A biblioteca recibiu a Cristina López Villar, profesora de Historia do Deporte na UDC, que veu presentarnos o seu último libro Pioneiras do Deporte en Galicia, unha investigación sobre a presenza feminina no deporte a finais do S.XIX e comezos do S.XX, que xa tedes listo para o préstamo na nosa biblioteca.

Foi presentada pola nosa voluntaria de biblioteca Paula e posteriormente entrevistada por Lucía para a radio escolar.

NIÑOS DE VELUTINA

Dentro das actividades que acolleu a biblioteca na Semana Cultural, recibimos a Javier, membro do equipo de Protección Civil que elimina a avespa asiática do Concello, quen, a petición da Asociación Medioambiental Contramínate, veu explicarnos que debemos facer en caso de atoparnos cun destes niños.

O DÍA DAS CURTAMETRAXES

No primeiro día da Semana cultural a biblioteca acolleu pola mañá unha charla de Víctor de Mira sobre os premios FOUCIÑO e pola tarde un pase de curtas feitas por ex-alumnado do centro.

KAMISHIBAI

Dentro das actividades da Semana Cultural o Voluntariado de biblioteca da ESO foi ler co Kamishibai "Imagine", en galego-castelán-inglés, acompañados por música de ukelele e o contiño de Kiko da Silva "Que contan as ovellas para durmir?"

 

MAPA DE MULLERES GALEGAS

Dentro das actividades do mes de marzo, o equipo da biblioteca de primaria preparou co alumnado este Mapa de mulleres galegas por concellos.

APRENDEMOS A SER VOLUNTARIO COS BOLECHAS

O voluntariado de lectura A de quinto de primaria leu e regalou exemplares de "Os Bolechas aprenden a ser voluntarios" ao alumnado de segundo.

#ABRIDEAFIESTRA

Abrimos a fiestra para achegarnos a Rosalía no seu Día. Le aquí o manifesto da AELG, que este ano asina María Reimóndez:

Distribuir contido


by Dr. Radut