Skip to Content

Animación á lectura

Convócase certame de debuxo e microrrelato de terror en 5º e 6º de primaria e toda a ESO!

Co fin de celebrar o Samaín o próximo 31 de outubro, convocamos un certame de debuxo e microrrelato para que vos lancedes a facer unha ilustración e un brevísimo conto (de entre 50 e 100 palabras) relacionado con aquela. O obxectivo é que tanto o debuxo coma o conto nos provoque arrrrrrrrrrrepío! Podédelo facer en calquera lingua das empregadas no noso centro: galego, castelán, francés ou inglés. Atrévete a crear intriga, suspense, pavor...

A biblio do Cabo da Area está presente nas redes sociais!!

Atención: a biblio do Cabo da Area amplía a difusión das súas actividades con presenza nunha nova rede social: Instagram! Así, estará presente ao longo deste 2018-2019 tanto en Twitter coma en Instagram! Síguenos!

O contido das caixas de libros da HORA DE LER foi sendo xa renovado polos usuarios pouco a pouco...

O pasado 24 de setembro arrincamos coa primeira HORA DE LER deste curso 2018-2019. Para iso, partimos dunha escolma de libros diversos en cada curso da secundaria, o cal foi xa sendo renovado polos usuarios pouco a pouco.

O novo voluntariado da biblio deste curso está traballando arreo nunha nova colocación da banda deseñada!

Algunhas voluntarias están traballando arreo nunha nova colocación da banda deseñada existente nos fondos da biblioteca. A nova orde basearase na distinción entre manga, cómic europeo e cómic americano. Ánimo e adiante, rapazas!

O alumnado de 4ºESO ilustrou ao de 1ºESO no uso e goce da biblioteca

Foi o alumnado de 4ºESO o que explicou aos recén aterrados na secundaria de 1ºESO como buscar material na biblioteca e os segredos desta. Toda unha oportunidade para que os maiores demostraran as súas dotes pedagóxicas e tamén para coñecerse uns e outros.

 

Encontro dos alumnos do 2ºciclo da ESO coa escritora Eva Mejuto, que nos veu falar da súa novela "22 segundos"

A escritora Eva Mejuto veunos falar da súa novela "22 segundos" o pasado 3 de outubro, charla que se centrou na temática LGTBI, entre outras.

Benvida aos novos usuarios da biblio!

Os novos usuarios de 1ºESO recibiron de mans do alumnado de 4ºESO cadanseu carnet de biblioteca.

Benvida aos novos usuarios da biblio!

Os novos usuarios da biblioteca de 1º ESO recibiron de mans do alumnado do 4º ESO cadanseu carnet.1º ESO cos seus carnets da biblio

PAN CON CHOCOLATE

Adaptacións do alumnado de 3 ESO A BD desta obra de M

 Victoria Moreno.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut