Skip to Content

Animación á lectura

RECIBIMOS A VISITA DE MARÍA CANOSA

A sala de primaria recibiu hoxe a María Canosa para falar da súa obra A cazadora de estrelas.

 

Marcos e Álvaro de 4º ESO aproveitaron para entrevistala para Radio RAT:

https://www.ivoox.com/maria-canosa-audios-mp3_rf_25827677_1.html

 

FIN DO MES DO LIBRO

Para pechar as actividades deste mes fixemos un graffitti de Lorca co qie conmemoramos o 120 aniversario do seu nacemento.

SABELA NÚÑEZ SINGALA VISITA A BIBLIO

A sala de primaria acolleu a visita de Sabela Núñez Singala, que falou sobre o seu libro O agasallo de Anya e asinou os exemplares do alumnado.

Premendo sobre a imaxe podes ver máis fotos da actividade.

 

XORNADA DE FORMACIÓN DE RADIO

O voluntariado de lectura A , o voluntariado de biblioteca e o Club de lectura asistiron a un taller de radio impartido por Javier Prado, no que aprenderonna modular a voz e a empregar os equipos para poder gravar.

ILUSTRACIÓNS PARA "POEMAR O MAR"

Aquí tedes as ilustracións do alumnado de primaria paravo libro "Poemar o mar", xunto coa decoración para o Día do Libro do Voluntariado de lectura A.

VOLUNTARIADO DE LECTURA A: CONTOS INVENTADOS

 Aquí podes ver algúns dos contos inventados polos voluntarios e voluntarias de sexto para as súas lecturas polas clases. Premendo nas imaxes podes ver os vídeos.

Animación á lectura en primaria

Recibimos a Victoria Pérez para que realizase unhas actividades de dinamización con xogos de rol sobre os libros Querido hijo, estás despedido e Sopa de Europa

DÍA DO LIBRO 2018

Fotos dos apadriñamentos de lectura deo día 23 de abril de 2018 preme na foto para ver a presentación.

DÍA DO LIBRO 2018

Lecturas compartidas Infantil-Primaria-Secundaria polo Día do Libro. Preme na foto para ver a presentación.

Distribuir contido


by Dr. Radut