O Concello de Tui vai render mañá sábado, 26 de marzo, homenaxe a cinco mulleres tudenses. Será na Gala da Muller 2022 que se vai celebrar ás 20 h no Teatro Municipal de Tui presentada por Mónica Sueiro.
Nesta Gala recoñecerase a presenza da muller na música a través do concerto que ofrecerán alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Escola de Música Municipal interpretando pezas musicais de compositoras femininas coma Patricia Goberna, María Mendoza, Cécile Chaminade, Clemence de Grandval, entre outras. Así ao longo da gala actuarán en solidario ou formando dúos Sara Quesado, María Fernández, Valeria López, Iria Rocha, Cintia Baz, Vania Fernández, Lía Santamaría, Débora Baz, Clara Canosa, Tseday Fernández, Érika Domínguez e Carla Solleiro. Tamén se contará, coma broche final, coa participación do coro infantil de 45 voces femininas pertencentes a Escola de Música que interpretarán dirixidas pola profesora Ruth Natalia Lago Antolín "se eu achase a palabra" acompañadas ao piano pola profesora e compositora desta obra Patricia Goberna García, tamén Clara Canosa e Lucía Ramírez có violin, Mayra Vila e Débora Baz ao clarinete e Laura Ramírez ao violonchelo.