Outra opción para acceder ós estudos de Grao Profesional de Música é mediante o Acceso ós cursos intermedios (de 2º a 6º curso).
Esta proba está regulada, na nosa comunidade autónoma, pola Orde do 28 de Xullo de 2008 e poloDecreto 203/2007, do 27 de setembro.
Todo/a alumno/a interesado/a deberá realizar unha inscripción neste Centro. O prazo de inscripción farase público nesta web e non será nunca antes do mes de xullo.
Poderase acceder a calquer outro curso das ensinanzas musicais profesionais sen haber cursado os cursos anteriores sempre que, a traves dunha proba, a persoa aspirante amose posuir os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinazas do curso ó que quere acceder.
A proba realizarase, normalmente na primera quincena de setembro e constará de dúas partes:
- Interpretación, no instrumento, de tres obras de diferentes estilos, do nivel correspondente ao curso inmediatamente inferior ao que se opte e das que, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria. Este exercicio calificarase de cero a dez puntos, e necesitará unha calificación mínima de cinco puntos para superalo. Poderase consultar as programcións de forma orientativa nesta web accedendo no menú principal (parte superior desta páxina) a: "Conservatorio"/"Departamentos"/(Seleccionar o departamento correspondente)/"Programacións"
- Exercicio teórico-práctico para valorar os coñecementos de todas as materias dos cursos anteriores ós que se opte. Este exercicio calificarase de cero a dez puntos, e necesitará unha calificación mínima de cinco puntos para superalo.
A composición dos tribunais variará segun o curso e a especialidade e aparece recollido no Anexo III da Orde do 28 de Xullo de 2008.