Skip to Content

Manuel Madarnás presenta no Teatro de Tui o seu traballo discográfico "La MMarca"

 

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres ás 21:00 horas, o concerto presentación de “A MMarca” de Manuel Madarnás, exalumno do centro na especialidade de trompeta. Un disco que saíu á luz o pasado mes de agosto cando se presentou ademais o primeiro videoclip do tema “Abrázame”, e do que en xaneiro lanzaba o segundo sinxelo “ Sway”.

Manuel Madarnás, de 25 anos, compaxina este novo proxecto coa realización do máster en trompeta no conservatorio Musikene en San Sebastián e co seu traballo na orquestra Os Players. A súa formación musical iniciouna na Escola de Música de Tui, continuando no conservatorio tudense onde cursou o grao profesional, e xa no CMUS de Vigo obtivo o grao superior en trompeta. Formou parte tamén da Banda de Música Popular de Tui.

As baladas románticas, os boleros e temas pop soarán este venres interpretados por Manuel Madarnás á trompeta, acompañado por Kithos Díaz na batería, Juan Díaz no baixo, Marcos Guzmán nos teclados, Jorge Pimentel na percusión e Sic Salem na guitarra. Ademais, nun dos temas contará tamén coa participación da cantante Julia Rodrígues.

 

As entradas están á venda en Tui aos prezos de 6€ e 4€ premendo AQUÍ.



blog | by Dr. Radut