O CIFP Santiago imparte este ciclo da rama agraria en réxime MODULAR PRESENCIAL
O ciclo ten unha duración de 2000 horas e 16 módulos formativos, e impártese en horario de tarde.
Para realizar a matrícula na oferta modular é preciso ter cumpridos os 18 anos no ano natural no que se inicien os estudos.
O réxime modular permite a matrícula parcial por módulos soltos para que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo, sempre que non se solapen horarios.
Podes consultar os itinerarios formativos recomendados e o horario do ciclo premendo nos enlaces ou nos arquivos que se xuntan.