CICLO SUPERIOR DE XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL
O CIFP Santiago imparte este ciclo da rama agraria en réxime MODULAR PRESENCIAL
O ciclo ten unha duración de 2000 horas e 16 módulos formativos, e impártese en horario de tarde.
Para realizar a matrícula na oferta modular é preciso ter cumpridos os 18 anos no ano natural no que se inicien os estudos.
O réxime modular permite a matrícula parcial por módulos soltos para que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo, sempre que non se solapen horarios.
Podes consultar os itinerarios formativos recomendados e o horario do ciclo premendo nos enlaces ou nos arquivos que se xuntan.
Anexo | Tamaño |
---|---|
BLOQUES HORARIOS 24_25.pdf | 119.26 KB |
Solapes módulos .pdf | 25.89 KB |
triptico.pdf | 480.34 KB |