Saltar navegación

Banco de preguntas

Esta característica permítelle a un mestre crear, previsualizar e editar preguntas dentro dunha Base de Datos de categorías de preguntas.

As categorías poden estar limitadas a usarse en todo o sitio, o curso ou a nivel do exámen. As preguntas nunha categoría poden engadirse a un Exame ou a unha actividade de lección mediante un proceso de exportación. O mestre entra ao banco de preguntas ao crear ou editar unha actividade de exame ou mediante: Configuracións > Administración do curso > Banco de preguntas .



Esta páxina ten pestanas que permiten editar preguntas, editar categorías, importar preguntas e exportar preguntas.



Seleccione unha categoría:

As preguntas están organizadas en categorías. Ao principio cada curso ten só unha categoría denominada "Por defecto". É un bo costume crear máis categorías para organizar as súas preguntas. Pode crear unha xerarquía de categorías xa que pode crear subcategorías dentro da súa categoría pai. Para engadir ou editar categorías pulse na pestana Categorías.



A pantalla de edición de preguntas mostra as preguntas da categoría seleccionada actualmente. Pode escoller unha categoría no menú despregable Categoría. Utilizando a casa de verificación de debaixo do menú determina se se mostran tamén as preguntas de todas as subcategorías.


As categorías son compartidas dentro dos contextos

Existen árbores de categorías de preguntas separados en cada 'contexto' diferente onde se comparten as preguntas. Os contextos dispoñibles para Vostede dependen do feito de que Vostede acceda ao banco de preguntas desde unha actividade ou que acceda desde un curso, e dependen dos permisos que Vostede teña asignados para acceder ás preguntas.


Engada unha nova pregunta:

  • Dende o menú despregable Preguntas, seleccione a categoría á cal quere engadir a pregunta.
  • Na área inferior á categoría aparecerá un bloque de creación da pregunta.
  • Seleccione o tipo de pregunta que quere crear desde o menú despregable Crear pregunta nova.
  • Encha o formulario do tipo de pregunta que está a crear.
  • Pulse Gardar cambios ao final do formulario.

Cada tipo de pregunta ten o seu propio formato e as súas propias opcións


Visualice previamente, Edite, Borre, e Traslade

Cada pregunta no banco de preguntas ten catro íconas que lle permiten a Vostede editar, previsualizar, mover e eliminar a pregunta (a pregunta non poderá eliminarse se xa estivese a ser usada nalgún lado). Para mover unha pregunta cara a unha categoría ou subcategoría diferente, elixa a caixa á súa esquerda; deslícese cara abaixo até "Coa pregunta seleccionada" e elixa "Mover a ..."