Saltar navegación

Como xerar unha lista de preguntas

Unha vez configurado o cuestionario presentarase a páxina de edición do cuestionario.

Nesta páxina atopamos dúas seccións:

  • Á esquerda móstrase unha listaxe coas preguntas do cuestionario (inicialmente esta lista estará baleira).
  • Á dereita atópase o banco ou repositorio de preguntas, organizado por categorías. Dende este banco pódense copiar preguntas a calquera cuestionario, independentemente do curso.

A  pantalla  de edición de preguntas mostra as preguntas da categoría  seleccionada actualmente.
Podemos escoller unha categoría no menú despregable "Categoría". Activando a casa de verificación "Incluír sub - categorías"  Moodle mostrará tamén as preguntas de todas as subcategorías.

Ao principio cada curso ten só unha categoría denominada por defecto
É un bo costume crear máis categorías para organizar as preguntas e evitar manter todas as preguntas nunha enorme lista. Tamén podemos implementar unha xerarquía de categorías creando sub-categorías dentro dunha categoría pai.