Saltar navegación

Opción múltiple

Moodle ofrece unha gran flexibilidade ao crear este tipo de pregunta común. Pode crear preguntas de resposta simple e múltiple, presentar imaxes na pregunta e ponderar respostas individuais.

 

Hai dous tipos de preguntas de elección múltiple: dunha resposta e de múltiples respostas.

 

  • Preguntas de resposta única

Estas preguntas permiten unha e só unha resposta proporcionando botóns de elección á beira das respostas. Detallará puntuacións non-negativas para cada resposta, xeralmente unha puntuación de cero para as respostas erróneas, puntuacións máximas para as respostas correctas e puntuacións parciais para respostas parcialmente correctas.

  • Preguntas de resposta múltiple

Estas preguntas permiten seleccionar unha ou máis respostas por medio de casas de verificación. Cada contestación pode ter unha puntuación positiva ou negativa, o que implica que seleccionar TODAS as opcións non necesariamente supón unha boa puntuación. Se a puntuación total é negativa, entón a puntuación resultante para esta pregunta será cero. OLLO: É posible crear preguntas que teñan unha puntuación maior que o 100%.

Para configurar unha pregunta de elección múltiple procederá da forma seguinte:

Comece pondo á pregunta un nome descritivo. Utilizará o nome para realizar un seguimento das preguntas posteriormente, polo que “Pregunta 1” non é un bo nome. Utilizarase o nome na lista de preguntas na páxina de edición do cuestionario. Non se mostrará aos alumnos, así que pode escoller un nome que teña sentido para vostede e para outros posibles profesores.

Cre o texto da pregunta. Se utiliza un editor HTML, pode dar formato á pregunta coma se estivese nun procesador de texto.

Se desexa engadir unha imaxe á pregunta, ten dúas opcións:

  • Se xa cargou a imaxe na súa área de Arquivos, poderá engadir o ficheiro nun menú desplegabre baixo a área de texto da Pregunta.
  • Se está a utilizar un editor HTML, pode pulsar a icona de imaxe. Abrirase a xanela de Inserir Imaxe. Pode escoller cargar unha imaxe na súa área de Arquivos dende esta xanela, ou pode engadir a URL da imaxe na web. Se engade o arquivo á súa área de arquivos, pulse no nome do arquivo despois de cargalo para inserir a ligazón na entrada URL na parte superior da pantalla. Despois pulse OK.

 

  • Elixa se os alumnos poden seleccionar só unha resposta ou varias
  • Escriba a súa resposta correcta no campo de texto Elección 1.
  • Seleccione unha porcentaxe de puntuación para a resposta. Será a porcentaxe dos puntos totais asignados á pregunta que merece a resposta seleccionada. Pode seleccionar porcentaxes negativas á vez que positivos. Así, se unha pregunta vale 10 puntos, seleccionando unha resposta correcta nun formato de resposta múltiple pode proporcionar o 50% da puntuación posible. Seleccionar unha resposta errónea pode restar un 10%.

Se quere, pode engadir un comentario de retroalimentación en cada resposta. Pode supor un pouco máis de traballo, pero é un bo costume comentar aos alumnos utilizando a área de retroalimentación por que cada resposta é correcta ou errónea. Se os alumnos coñecen por que unha resposta é correcta ou errónea, poderán analizar o seu propio pensamento e serán capaces de entender por que unha resposta é correcta. A retroalimentación só se presentará en pantalla se selecciona “Mostrar comentarios nas opcións do corpo do cuestionario”.

  • Encha o resto das opcións de resposta na parte restante do formulario. Calquera das áreas non utilizadas serán pasadas por alto.
  • Pulse o botón “Gardar modificacións” na parte inferior da pantalla.

 

Neste momento acaba de engadir unha pregunta de opción múltiple á categoría de preguntas.