Saltar navegación

Numérica

Dende o punto de vista dun alumno, unha pregunta numérica é moi semellante a unha pregunta de resposta curta. A diferenza é que a pregunta numérica é un número e permite unha marxe de erro. Isto permite habilitar un rango continuo de posibles respostas acertadas.

Por exemplo, se a resposta é 30 cun erro de 5, entón calquera número entre 25 e 35 aceptarase como correcto.

Para crear unha pregunta numérica

  • Poña á pregunta un nome desciptivo
  • Escriba a ecuación ou pregunta numérica a resolver polo alumno

O editor de texto Moodle ten a posibilidade de introducir signos específicos para escribir unha ecuación e que apareza en pantalla na forma correcta.

  • Introduza retroalimentación para a pregunta

Seleccione unha imaxe a visionar se quere engadir unha viñeta á pregunta (vexa o paso 3 na descrición superior de elección múltiple para máis detalles).

  • Introduza a resposta correcta (só pode engadir unha resposta correcta)
  • Introduza o erro aceptado, o rango superior e inferior para considerar a resposta como correcta. Por exemplo, se a resposta correcta é 5, pero aceptará 4 ou 6 como respostas, o seu erro aceptado é 1.
  • Pulse Gardar cambios para engadir a pregunta á categoría