Entre tod@s: arte ou camiño

Traballo colaborativo inspirado na pedagoxía de Reggio Emilia. Contando cunha atellierista elaboramos un tapiz-mapa entre diversas aulas do noso centro; o proceso comezou "representando" o camiño que o alumnado fai dende a súa casa ata o colexio e "soñando" un mapa entre tod@s. Para facer o mapa houbo que facer bosquexos, escoller teas, tinxilas, recortalas, debuxar os elementos que ían estar presentes no camiño,... e a nosa atellierista deulle forma final. Agora o mapa preside a nosa Biblioteca!

Materiais

Javier F. Rouco Ferreiro

CPI Rosalía de Castro

Doutor en Pedagoxía. Mestre de Infantil dende 1990. Asesor de Formación durante nove anos. Profesor Asociado na Facultade de Ciencias da Educación da UDC.