A orixe de NOSA: axencia espacial escolar galega

NOSA, axencia espacial escolar galega, é unha iniciativa de tres centros de ensino públicos galegos que leva funcionando hai agora tres anos e que se visibiliza cada mes de maio co lanzamento á estratosfera das cápsulas MarumaSat.
O proxecto xurdiu como unha iniciativa vencellada en exclusiva ao IES Maruxa Mallo de Ordes no curso 2015-16. O alumnado deseñou a primeira cápsula, que viaxou, equipada con cámaras de video, GPS e radiosonda meteorolóxica, até os 25000 m de altura.
O curso 2016-17 supuxo un cambio moi importante na evolución do proxecto xa que dous novos centros de ensino (IES Marco do Camballón e IES Miraflores) incorporáronse ao traballo e crearon unha dinámica conxunta de cooperación entre alumnado de distintos centros e idades, desde a óptica complementaria de materias como Lingua Galega, Matemáticas, Robótica e Tecnoloxía, dando lugar á creación de NOSA durante a celebración do I Congreso MarumaSat.

Materiais

Raquel Rendo Martínez

IES Miraflores

Profesora de ensino secundario, especialidade tecnoloxía.

Xosé Díaz Díaz

IES Marco do Caballón

Profesor de ensino secundario, especialidade matemáticas.