Skip to Content

Normalización

DÍA DE ROSALÍA NO ARTAZA. CURSO 2020 / 2021

 24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Clica na imaxe!

 

 
 Resultado de imagen de ROSALIA DE CASTRO  

MANDADO DO FACUNDO

XOVES 11 DE FEBREIRO

XA QUE NUN ALBERGUE TES QUE DURMIR

PON O PIXAMA QUE ÁS 6 HAS DE PARTIR.

MANDADIÑO MÉRCORES 10

CUN ZAPATO COLGADO DA MOCHILA

AXIÑA CHEGARÁS Á SEGUINTE VILA.

ENTROIDO CURSO 2020/2021

ENTROIDO 2021

Quedarnos sen Entroido

non o imos consentir

de un xeito diferente

ímonos divertir.

 

Os mandados do Facundo

comezan este luns  oito

debuxar unha estreliña

e xa ves que non é moito.

 

LUNS 8 DE FEBREIRO

PARA CHEGAR A COMPOSTELA

NA TESTA PINTA UNHA ESTRELA.

 

MARTES 9 DE FEBREIRO

O CAMIÑO XA NON VES,

PON O XERSEI DO REVÉS.

 

 

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA XUNTA DE GALICIA CON MOTIVO DO DÍA ...Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas este 17 de maio de 2020, aínda que a Real Academia Galega decidiu que o acto de conmemoración se apraza ata o 31 de outubro a causa do Covid-19, propoñémosvos unha viaxe no tempo para que coñezades un pouco máis sobre a nosa lingua, sobre esta conmemoración e sobre o homenaxeado deste ano.

(Proxecto realizado dentro do C-P Refórza-T)

 

        Clicar:   Letras Galegas 2020 no Artaza.

 
                                          

DÍA DO LIBRO.23 DE ABRIL DE 2020.

O DÍA DO LIBRO NO ARTAZA

Como o día 23 de abril é o Día do Libro, as mestras e mestres fixemos un conto para celebralo con vós. Agardamos que vos guste!

"A liberdade é unha libraría"

(Joan Margarit, Premio Cervantes 2019)

 

CLICAR:  A AVENTURA DE ROQUE NO MAR

 

 A AVENTURA DE ROQUE NO MAR

 

Clicar: Carabuñas

 

CARABUÑAS

 

 

 

 

O equipo de Ed.Infantil déixavos unha cadea de contos. Botádelle unha ollada!

 

 

 

III CONCURSO LITERARIO MANUEL FABEIRO

Querido alumnado e familia:


Non imos deixar que nos paralice o virus COVID-19 así que dende a nosa biblioteca preséntase o III Concurso de relatos curtos "Manuel Fabeiro Gómez". Dada esta situación excepcional, vémonos na obriga de modificar as bases, aceptando que os relatos dos rapaces/as se realicen dende a  casa e modificando tamén as datas para a presentación.  É unha proposta máis como actividade de expresión escrita que poderemos realizar nestes días na casa. Lembrade: Planifica, redacta, revisa e corrixe cantas veces sexa necesario; pasa a limpo de xeito manuscrito ou impreso e queda listo para presentar cando se reinicien as clases. Non esquezades ler con atención as bases!
Animamos ás familias a que tamén participen cos seus relatos. Todos podemos ser escritores/as por un día!. Incluso podemos plantexalo como unha actividade familiar onde cada un vaia escollendo os seus personaxes, a súa trama e o seu desenlace, poñendo en común as historias máis disparatadas, divertidas ou emotivas. En período de confinamento e aburrimento, deixa renda solta á creatividade!.
Dende a biblioteca queremos mandar unha forte aperta para todos/as e moito ánimo.
"Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro" (Emily Dickinson)
E coma sempre, FELICES LECTURAS!!

RECOMENDACIÓNS LECTURA NADAL 2019

Xa está dispoñible en arquivo pdf as lecturas para este NADAL 2019.

Por este Nadal agasalla un libro e le moito. Bo Nadal!Guiño

II CONCURSO DE RELATO CURTO MANUEL FABEIRO GÓMEZ

SAMAÍN 2018

                                               SAMAÍN 2018

Este pasado venres 2 de novembro celebramos na nosa escola o Samaín. Logo dunha semana terrorífica de contos na biblioteca , chegou o gran día. Na exposición das cabazas había efectos especiais: fume, música terrorífica e alguna sorpresa que dou máis de un susto a pequenos e maiores. Disfrazámonos, alguna profe metía medo de verdade, bailamos e cantamos todos xuntos no patio e logo, degustamos a merendola típica de Samaín grazas á xenerosidade das mamás e avoas que fan postres exquisitos. Os nenos/as de 3 anos gañaron o concurso de platos decorados que fixemos nas aulas e todos e todas pasámolo xenial!

 

 

 

 

 



Distribuir contido


by Dr. Radut