Skip to Content

Normalización

Gramática na Linguaxe de Signos Española.

Material usado na terceira sesión

ENTROIDO 2024

Deixámosvos aquí un pequeno vídeo resumo do desfile e concurso de murgas deste Entroido 2024. A pesares da chuvia, disfrutámolo ao grande!

 

BASES CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

CONMEMORACIÓN 25N

O próximo venres, con motivo da conmemoración do 25N,  representaremos mediante signos, cantaremos e bailaremos a canción de Ses, polo que tanto alumnado como profesorado ten que ensaiala.

Durante esta semana e a que vén desenvolveranse máis actividades que traten a igualdade de dereitos da muler e total liberdade desta como símbolo dunha sociedade avanzada.

*Premer na foto para escoitala canción.

SAMAÍN 2023

Pasámolo de medo celebrando o Samaín! Preme nesta imaxe para poder ver a exposición de cabazas coa luz acendida... Agora atrévete a entrar na escuridade....

DÍA DA POESÍA 2022

"Abride esa fiestra que quero ver o mar" foron as derradeiras palabras de Rosalía ás que nós, neste día da poesía 2022, quixemos homenaxear. En todas as aulas decoramos esas fiestras e fixemos un concurso. Mirade que bonitas quedaron!

Ao mesmo tempo o alumnado voluntario de 5º e 6º pasou polas aulas dos máis pequenos/as a recirtarlles os seus poemas preferidos.

 

 

SEMANA DA CONVIVENCIA 2022

 

 

 

 

 

 

SAMAÍN 2021

Clica na imaxe do Samaín 2021.

 

 

 

MES DAS LETRAS GALEGAS 2021

Este xoguiño do PASAPALABRA das letras galegas foi realizado polo alumnado de 1º

Uns grandes artistas!!!!!

 

 

PREME NA IMAXE PARA VER UN BONITO TRABALLO SOBRE A VIDA DE XELA ARIAS. AUTORA HOMENAXEADA NAS LETRAS GALEGAS 2021

E como sabedes, noso voluntariado da biblio deixounos preparada a exposición de Xela Arias no corredor do primeiro andar. Felices lecturas!!

O alumnado de 1º e 2º tiveron tamén unhas preciosas sesións co contacontos ANXO MOURE e quedaron ENCANTADOS!!

O alumnado de primaria fixemos unha visita guiada coa asociación Muros, vila de auga e sal  e aprendemos moitas cousas do Camiño de Santiago e da variante do camiño inglés que pasa por Muros. Grazas Montse!!

   

E grazas ao "profe Marcos" fixemos esta exposición de libros antiguos que son unha auténtica xoia! 

 

E moitas cousas máis....Como podedes ver  no noso cole e a nosa biblio NON SE PARA.

 

 

A NOSA VOZ

 NOSA VOZ. É o XORNAL do noso Colexio e volve ás rúas Guiño(pdf adxunto para descargar)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut