Skip to Content

Normalización

LETRAS GALEGAS

Luisa Villalta, apaixoada da música e recoñecida galega,levounos a investigar sobre o traxe, música e bailes tradicionais.

Por iso, o longo da semana fixemos diferentes actividades para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

OS MAIOS NO COLE

Os nenos e nenas de Infantil viñeron cantarnos os maios.

Primeiro pasaron un rato estupendo compartindo a elaboración dos adornos co alumnado de 6º que sempre están encantados/as de axudar aos pequenos. Logo, pasaron polas aulas cantándonos os maios e alegrándonos a mañá ao tempo que se continúa con esta bonita tradición da nosa vila.

LETRAS GALEGAS_HOMENAXE DA BANDA DA LOBA A LUÍSA VILLALTA

 

Neste vídeo  "A banda da Loba" fai unha particular homenaxe a Luísa Villalta, 

XVI MOSTRA DE TEATRO XOSÉ AGRELO

Achégase o programa do Mes das Letras Galegas do Concello de Muros.

O mércores 15 o alumnado de primaria, iremos ver a obra "Neofalantes" de Luís Vallecillo e o martes 21 o alumnado de Infantil, disfrutará da obra "A galiña Azul".

Un mes cheo de obras para disfrutar das nosas letras !

VIII CONCURSO DE RELATOS CURTOS MANUEL FABEIRO GÓMEZ

Un ano máis animámosvos a participar no concurso de relatos curtos que organizamos dende a nosa biblioteca escolar e lembrade que está aberto á toda a comunidade.

Cóntanolo!

8M. VIDEO PRESENTACIÓN 8M COAS FAMILIAS DO CENTRO.

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe foi un gran día na nosa biblioteca! Viñeron as chicas do club de lectura do IES Fontexería a recitarnos uns poemas de Rosalía e fixérono de marabilla! Ademais trouxéronnos unha planta moi bonita como agasallo para a nosa biblioteca nova. Moitísimas grazas!!!! Agardamos poder repetir a experiencia en breve.

SEMANA DA CONVIVENCIA 2024

25N. Celebración do día "ELIMINEMOS A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES"

NO RAMÓN DE ARTAZA ABOGAMOS POR QUERER FÁCIL

Esta mañá do 25 de novembro, no noso colexio, todas as nenas e nenos nos xuntamos para reivindicar relacións sas entre tódalas persoas. Relacións nas que se nos respecte, nas que se nos ensine a facer as cousas por nós mesm@s e repletas de bicos e agarimo. Para iso cantamos e signamos a canción “Quero fácil”, adaptada ó galego e grazas á cesión da súa autora Sandra Bernardo. Porque as nenas e nenos merecemos unha infancia na que se nos protexa e acompañe respectando as nosas necesidades. Querédenos fácil!

Distribuir contido


by Dr. Radut