CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

VISITAS Á AULA DE NATUREZA

Varios cursos visitamos a aula de natureza, onde están expostos e recollidos os traballos que fixemos nos obradoiros PEGADAS RUPESTRES.
Entre estes obradoiros están os de tiro con arco, orfebrería, gravado de petróglifos, pintura de arte rupestre, modelado de barro.

Traballos de pintura rupestre
Traballos modelado de barro
 

Ademais destes traballos, tamén están expostos outros traballos que fixeron en diferentes cursos da Primaria; entre os que destacan a presentación de traballos de petróglifos, gravado de petróglifos e unha maqueta dunha representación da vida castrexa. Que chula quedou!


Maqueta
 
 

 

 
Gravado de petróglifos
 


Puidemos lembrar todo o que se fixo, gozar de traballos doutros cursos e aprender un pouquiño sobre a Prehistoria. De feito, houbo un folleto, para cada un, onde se explicaba un pouco sobre a Prehistoria
Incluso, xogamos ao memotest.

 Xogo memotest


Preme AQUÍ para ver máis fotos
 
Tamén hai un espazo adicado ás lendas de Tomiño, elaborado polos nenos e nenas de 1º que son os encargados de narralas.
Para poder ver e escoitar tedes que premer AQUÍ; e velo ao final da entrada do noso blog.
 

1º VISITA A AULA DA NATUREZA

Hoxe 1º curso subiu a ver a nosa aula da natureza, este ano dedicada a arte rupestre e aos mitos e lendas de Tomiño. Alí puideron gozar e rememorar todo o que se fixo nos obradoiros da semana das letras galegas e seguir aprendendo sobre a prehistoria.

FOTOS

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2017

Un ano máis, nenas e nenos do CEP Pedro Caselles, tiveron a súa excursión fin de curso.

Este ano cun paseo en barco que collemos no Grove, fixemos un pequeno paseo pola ría de Arousa onde visitamos unha batea. Alí nos explicaron o cultivo do mexillón, da ostra e da vieira. Coa visión submarina puidemos ver como é unha batea debaixo da auga. Tamén tivemos ocasión de dar de comer as gaivotas, menudas larpeiras!!!

Despois xantamos nun fermoso e fresco piñeiral ao lado da praia e xa saímos rumbo a praia de Portonovo. Pasámolo pipa!!!!

FOTOS

 

VISITA A EXPOSICIÓN IMAXINAR A EDUCACIÓN, 50 ANOS CON FRATO

O martes 6 e o mércores 7 de xuño nenas e nenos de 1º, 2º e 4º curso foron visitar e gozar da exposición "Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato".

Esta exposición que se pode visitar no Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra, está adicada ao pedagogo italiano Francesco Tonucci . Nela, o alumnado do Caselles puido disfrutar das súas viñetas e libros, nas que este autor baixo o pseudónimo de FRATO intentaba reflectir os seus pensamentos sobre a educación, sempre con humor. Tamén viron e escoitaron datos biográficos do autor.

Pero do que máis disfrutaron foi da parte lúdica da exposición, cos obradoiros sobre a natureza, as letras e os xogos.

Para ver as fotos preme na imaxe.

 

BAILANDO AS TÁBOAS

O alumnado de 2ºA, en colaboración coa biblioteca, bailamos as táboas de multiplicar. Este baile consiste en representar factores con diferentes movementos corporais para que os compañeiros e compañeiras adiviñen o produto. Outra modalidade é que representen o produto e o resto do alumnado digan os factores. Desta forma lúdica aprendemos xogando e consolidamos as táboas de multiplicar.

 

CIENCIAS NATURAIS A TRAVÉS DOS LIBROS

En segundo, en colaboración coa biblioteca, cada vez que empezamos un tema de Ciencias Naturais, o alumnado trae libros relacionados coa temática. Neste caso empezamos o tema dos animais e estas son as aportacións da casa que nos trouxeron.

OBRADOIRO DE VERMES DE SEDA

Hoxe nenas e nenos de primeiro curso participaron nun interesantísimo obradoiro de vermes de seda. Organizado polo Concello de Tomiño e impartido por Mª José, todos aprenderon gran cantidade de cousas acerca do tema.

Os máis pequenos do Caselles xa levan uns meses ocupándose dos seus vermes de seda, pero hoxe aprenderon algo da historia destes bichiños e do marabilloso tecido que deles se obtén. Tamén puideron ver e tocar casulos de distintas cores e diferentes tipos de fíos e teas de seda.

Gracias a Mª José tamén comprobaron como se saca a seda dos casulos e como se fía. En fin, un obradoiro moi, pero que moi interesante.

Se queres ver todas as fotos preme na imaxe.

A NOSA ARTE RUPESTRE

Os corredores do Caselles locen moito ultimamente. Nenos e nenas dos diferentes cursos estiveron estudando e investigando sobre os petroglifos da zona. Cada curso ocupouse dun xacemento, e reflectiu unha parte destes petroglifos no seu mural correspondente. O resultado foi do máis vistoso e fermoso. Preme na imaxe para velos todos.

 

Plantación cos nenos e nenas de 2º

Os nenos e nenas de 2º de Primaria A e B, o pasado venres 28 de abril, estivemos sementando e transplantando leitugas. Unha actividade de aula, dentro das ciencias de natureza, que tamén se contempla dentro do programa de Voz Natura.

Para iso, tendo en conta a reciclaxe, trouxemos  cada un de nós iogures para botar as sementes de leituga e botellas de plástico para transplantar leitugas, xa medradas. As botellas de plástico colocaranse acostados e colgadas do peche da nosa horta. Os iogures quedan, unha parte, ao lado da nosa horta e, a outra parte, na aula para a súa observación.

Deste xeito, aprendimos a reciclar estes productos ademais de sementar e transplantar.

Con todo isto, responsabilizarémonos para regar as leitugas e observaremos se medran o suficiente para poder desgutalas a final de curso.

Ademais de observar como medran as plantas de leituga, tamén teremos a oportunidade de observar como brotan das sementes, as novas leitugas que plantamos nos nosos iogures.

Estas experiencias axúdanos máis a comprender o temas das plantas que estamos estudando (que necesitan as plantas e que coidados require).

Pinchade na imaxe para ver fotos destas experiencias.

 

TRABALLANDO NO XARDÍN

Aproveitando o bo tempo, e para escapar da rutina por un día, varias nenas e nenos de 4º e 6º estiveron dándolle un repasiño aos xardíns, e aínda que lles custou empezar porque había moitísimas herbas, ao final quedaronlle perfectos!!!

Preme na imaxe para ver máis fotos.

Distribuir contido