CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

OVOS DE CHOCOLATE

Os nenos e nenas de 3º de Primaria, no último día de clase do 2º trimestre, estiveron a realizar unha manualidade. Convirtiron o coello, que colorearon e pegaron nunha cartolina e que posteriormente recortaron, nunha caixiña na que levaban unha sorpresa: ovos de chocolate!

Quedaron chulísimos!

Podedes ver como quedaron facendo clic na seguinte imaxe.

OLIVER TWIST

As profes e as nenas e nenos de 2º embarcámonos nunha gran aventura neste segundo trimestre. Viaxamos coa nosa imaxinación ao marabilloso mundo de Charles Dickens, da man de Oliver Twist. Foi unha lectura moooi difícil, traballamos moitísimo, pero a súa historia encantounos e namorounos a todos e todas.

Como remate recreamos o Londres de Oliver Twist.

Para ver máis imaxes, preme na foto.

Concursos da Biblio-Caselles!

CONCURSOS

FEBREIRO:

Adiviña quen son!

Gañadores: Victor e Antón.

Marzo:

Caza do tesouro!

 

CumpleUncas!

Na Biblio tamén celebramos os aniversarios das nenas e nenos do Caselles!

Febreiro 2018Selado

TERCEIRO XARDINEIRO

Hoxe nenas e nenos de terceiro curso tiveron unha actividade moi especial, aproveitando estes días case primaverais saíron a arranxar os xardíns do colexio. Non deron rematado, pero melloraron moito o seu aspecto.

Se queredes ver as fotos da xornada, premede enriba da imaxe.

ENTROIDO 2018

Entroidada moi científica este ano no Caselles. o día ameazaba chuvia, pero finalmente o tempo púxose da nosa parte e puidemos desfilar ata a praza do Seixo.

Nesta ocasión foi un Entroido novidoso, pois o deseño dos disfraces quedou en mans das familias, e o resultado non puido ser mellor, creatividade elevada a máxima potencia.

Moitas grazas familias e parabéns polo voso bo facer!!

 

Se queredes ver as fotos do día premede na imaxe.

 

Obradoiro de Ciencias con 6º EP.

Obradoiro de Ciencias

1ª Sesión: A  fermentación de levadura

A respiración é unha función vital que realizan os seres vivos co fin de obeter a enerxía que necesitan e consiste na entrada de osíxeno e a saída de dióxido de carbono. 

As levaduras son fungos, unicelulares, microscópicos, que se alimentan de azucres, e deles obteñen a enerxía no proceso coñecido como "fermentación". 

Hai distintos tipo de fermentacións e neste obradoiro os nenos e nenas de 6º EP comprobarán o resultado deste proceso. 

 2º Sesión: Distinguir as follas según a súa forma.

 

Distribuir contido