Ola cativiños e cativiñas!
Continuamos salvando o mundo quedando na casa e o estamos facendo moi ben, xa podedes escoitar a algúns compañeiros na páxina principal do espazo de música, ou premendo AQUÍ.
Nestes días de confinamento moitos artistas de todos os ámbitos están facendo os seus espectáculos de forma gratuíta a través das redes sociais, nós imos facer o mesmo... desexo tanto escoitar as vosas voces!
Aí vai a miña proposta:
Gravade unha mensaxe para os compañeiros utilizando un audio de WhatsApp (que seguro que todos coñecedes e manexades) e mandádeo ao teléfono móbil da ANPA "Igrexa Valadares-Monte do Alba” 619 174 739. Salomé mo fará chegar para despois poder escoitalo dende aquí.
Antes ou despois do audio poñede o voso nome e curso e "Para María" e así non terán dúbidas de que é para min.
Se queredes gravar dun xeito máis elaborado (con programas como Audacity no ordenador) podedes compartir o arquivo comigo a través do correo da Biblioteca: bibliotecaigrexavaladares@gmail.com.
Que podedes gravar?
Tendes liberdade para escoller o que máis vos guste, vouvos dar algunhas ideas:
-Unha mensaxe de ánimo a todos os compañeiros, familias, mestres...
-Gravarvos tocando algo na frauta ou con outros instrumentos que teñades na casa.
-Recomendade unha canción que vos guste aos compañeiros e poñer un fragmento (ou cantala vós).
-Recitar algún fragmento literario: un poema, unha adiviña, un chiste...
-Gravarvos lendo algún texto composto por vós estes días de confinamento.
-Recomendando unha lectura para estes días...
Tedes moitas opcións así que espero que vos animedes!
Por suposto que poden saír familiares con vós. Botarlle imaxinación!
Xa sabedes que encántanme ver a vosa creatividade .