Skip to Content

Música 2º

OS TRES RETOS

Ola cativiños e cativiñas!

Neste terceiro trimestre, na área de música traballaremos tres retos, que podedes facerme chagar, cun vídeo ou audio, a través do correo:

merysaxo@edu.xunta.es

Pinchando en cada un deles accederedes aos mesmos, un será adicado ao baile, outro ao canto e outro á parte instrumental.

Déixovos tamén o acceso aos audios.

AUDIOS

 

RETO I

 

RETO II

 

RETO III

SESIÓN II

Ola cativiños e cativiñas!

Continuamos salvando o mundo quedando na casa e o estamos facendo moi ben, xa podedes escoitar a algúns compañeiros na páxina principal do espazo de música, ou premendo AQUÍ.

Nestes días de confinamento moitos artistas de todos os ámbitos están facendo os seus espectáculos de forma gratuíta a través das redes sociais, nós imos facer o mesmo... desexo tanto escoitar as vosas voces!

Aí vai a miña proposta:

Gravade unha mensaxe para os compañeiros utilizando un audio de WhatsApp (que seguro que todos coñecedes e manexades) e mandádeo ao teléfono móbil da ANPA "Igrexa Valadares-Monte do Alba” 619 174 739. Salomé mo fará chegar para despois poder escoitalo dende aquí.

Antes ou despois do audio poñede o voso nome e curso e "Para María" e así non terán dúbidas de que é para min.

Se queredes gravar dun xeito máis elaborado (con programas como Audacity no ordenador) podedes compartir o arquivo comigo a través do correo da Biblioteca: bibliotecaigrexavaladares@gmail.com.

Que podedes gravar?

Tendes liberdade para escoller o que máis vos guste, vouvos dar algunhas ideas: 

-Unha mensaxe de ánimo a todos os compañeiros, familias, mestres...

-Gravarvos tocando algo na frauta ou con outros instrumentos que teñades na casa.

-Recomendade unha canción que vos guste aos compañeiros e poñer un fragmento (ou cantala vós).

-Recitar algún fragmento literario: un poema, unha adiviña, un chiste...

-Gravarvos lendo algún texto composto por vós estes días de confinamento.

-Recomendando unha lectura para estes días...

Tedes moitas opcións así que espero que vos animedes! 

Por suposto que poden saír familiares con vós. Botarlle imaxinación!

Xa sabedes que encántanme ver a vosa creatividade .

16-03-2020 SESIÓN I

Meus pequenos músicos

 

 

Estes días poderíamos facer algunha actividade sinxela de música para non perder o ritmo, que vos parece? 

Aínda que non serán actividades obrigatorias, estaría xenial que participarades.

 

• Para comezar veremos uns vídeos para traballar a clasificación dos instrumentos: 
• Despois completaremos unha táboa con exemplos, podería ser como a que segue:
 
 
• E por último, se vos apetece podedes elixir un instrumento e facer unha creación plástica do mesmo. Cando volvamos á aula faremos un mural cas vosas elaboracións.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut