try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEP Xosé Mª Brea Segade
E-mail: cep.brea.segade@edu.xunta.es

Inicio do comedor escolar o luns 16 de setembro

O servizo de comedor, xestionado pola anpa, comezará o luns, 16 de setembro, en horario de 14:25 a 16:30h, de luns a venres. Pregamos puntualidade nas recollidas.

Non é obrigatorio, pero si recomendamos que as crianzas leven un pequeno neceser con cepillo e pasta dentífrica.

Este ano, o servizo de comedor ofrecerase a través do Curral do Marqués, que vén de recibir a distinción KM0 concedida pola Comunidade Slow Food, que promove un estilo de consumo sostible e de calidade, a base de produtos naturais e de proximidade. 
Tamén a través do Curral do Marqués e da Comunidade Slow Food, o noso comedor participará na campaña "Come Local" da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (deixaremos información nun ficheiro ao final deste artigo).

Lembramos que, ao igual ca no curso anterior, se cobrarán as mensualidades completas á marxe das faltas de asistencia, pero coa NOVIDADE de que, ao notificar a falta (antes das 09:00h do mesmo día, como mínimo), podes avisar de que recollerás pola túa conta o teu menú. Se só comunicas a falta sen avisar de que recolles o menú, non se preparará (para non tirar cos recursos) e o día cobrarase igualmente, xa que no prezo vai tamén incluído o servizo de monitor para a atención e vixilancia do alumnado usuario.
Os menús encargados recolleranse no comedor, de 14:15 a 15:30 (ten en conta que probablemente teñas que agardar un pouquiño mentres se serve a comida e se atende ás crianzas).

As familias que fagan uso esporádico do servizo de comedor, deberán comunicar a asistencia coa maior antelación posible (mínimo 2 días antes, como referencia) e, en todo caso, lembralo no día que acuda a crianza antes das 09:00h para que se teña en conta a preparación do seu menú.

En canto ao pagamento das mensualidades, poderá facerse dentro dos 7 primeiros días de cada mes, por transferencia ou domiciliación bancaria (o Curral do Marqués facilitaravos unha autorización por se preferides domiciliar os recibos).

Podes consultar o Protocolo de funcionamento de comedor que atoparedes neste mesmo apartado para saber máis e tamén compartiremos información de interese en redes sociais.

Se tes calquera outra dúbida, tamén podes preguntarnos no grupo de comedor unha vez se abra, ou enviarnos un correo.

AdxuntoTamaño
COME LOCAL 2024.pdf139.56 KB